venres. 02.05.2025
El tiempo

Os máis pequenos protagonizan a programación do nadal en Carnota

Os máis pequenos protagonizan a programación do nadal en Carnota
cartel nadal carnota Estes días os concellos da Costa da Morte e as asociacións ultiman os detalles da programación para o nadal. Hoxe tócalle o turno a Carnota que presenta o seu cartel de actividades para os vindeiros días de festa. A maior parte da programación está dirixida aos máis pequenos aos que se lles ofrecen diversas actividades lúdicas, obradoiros, maxia, concertos e, por suposto, unha cabalgata de Reis. Para os maiores tamén hai actividades moi interesantes, como un mercado de troco que terá lugar o sábado 19 de decembro a partir das 11 horas na praza San Gregorio. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Concello de Carnota

Comentarios