mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os mil retratos de Antonio Nodar

Os mil retratos de Antonio Nodar
Exposicion de Antonio Nodar na Coruna

Dende 1996 leva con este proxecto o artista vimiancés afincado en Londres Antonio Nodar. Un proceso longo, un proxecto ben completo, co que Nodar quere establecer un diálogo entre a cámara e os artista. Máis de 1.000 de todo o mundo teñen posado para el, e estes días son uns 160 os que se expoñen a si mesmos no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa da Coruña.

”The Galicia Album” da exposición From portrait to self-portrait está na Coruña, tras pasar, iso si, por Vimianzo. Son 160 retratos, neste caso os galegos, feitos por Nodar coa súa cámara, e as 160 correspondentes intervencións deses 160 artistas sobre a mesma imaxe. “Do retrato ao autorretrato”, como di o nome, nesta orixinal proposta que convirte a exposición nunha obra de centos de artistas.

Onte tiña lugar a inauguración, e poucas veces acontece que a xente non queira baixar aos pinchos nesta clase de eventos. Pero aló enriba, na primeira planta, estaban todos, unha marea de espectadores e outros tantos artistas que se ollaban a si mesmos. Verdadeiras obras de arte as que se ven na obra, verdadeiros artistas ao servizo deste humilde e universal creador soneirán.

Exposición de Antonio Nodar From portrait to self-portrait

Presencia costeira

Costeiros con Nodar na exposicion da Coruna

Durante a inauguración, ademais de Nodar, falou o alcalde de Vimianzo, un Antelo que non levaba nada preparado pero sacou de orgullo vimiancés reivindicando a visión máis aberta da Costa da Morte.

Triple retrato de Viki Rivadulla con Antonio Nodar

Entre os 160 retratos, atopamos a presencia de 3 artistas costeiros. A nosa colaboradora, a muxiá Viki Rivadulla, que xa tivera a ben falar da proposta dende a Sala do Perello, é unha das galegas elixidas por Nodar e, como non, deixa ver a súa alma mariñeira na revisión do seu retrato.

Nodar con Viki Rivadulla

Vemos tamén a Xesús Búa, que acodía escoltado por unha familia con moita arte, para ver o seu legado. Un legado que recorda aqueles anos 90 nos que, aínda sen photoshop, facían verdadeiros "colages" recortando fotografías e pegándoas unhas enriba das outras. Así fixo esta intervención, acompañada da súa benquerida recta de Boallo, que lle dirixe a casa.
I é que Búa é vello coñecedor de Nodar, e xa van máis de 20 anos que se coñecen. De feito, Búa foi o encargado de expoñer aos alumnos dos centros de ensino de Vimianzo a obra de Nodar, na proposta municipal de achegar aos artistas da casa ás xentes da casa chamada "Orgullosos do noso".

Triple retraro de Xesus Bua con Antonio Nodar Familia muxia con Nodar

O terceiro costeiro autoretratado é Nando Lestón, pintor, escultor… carnotán, que tamén deixou a súa pegada “ghallegha”.

Nando Leston da man de Antonio Nodar

Se pasades pola Coruña, non deixedes de vela, a exposición sitúase no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, á entrada dende a AG-55 na Coruña, e estará aberta ao público ata o vindeiro 25 de xaneiro de 2015.

En vídeo


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios