Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Os pequenos de Carnota amosan as súas postais de Nadal

Os pequenos de Carnota amosan as súas postais de Nadal
O mércores 14 de decembro foi un día moi movido no Concello de Carnota.

Concurso de Postais

Para comezar, ás 11:30 h tivo lugar o acto de entrega de premios do IV Concurso de Postais de Nadal, ao que asistiron os alumnos e alumnas dos centros de educación primaria do municipio, desexosos de coñecer a decisión do xurado. Na categoría de primeiro ciclo de primaria resultaron premiadas as postais presentadas por Aleixo Martínez Pedrosa e Aynara Sanli Cambeiro, alumnos de 2º curso no CEIP de Carnota. Na categoría de segundo ciclo os premiados foron Lara Trillo Caamaño, de 4º curso do CEIP do Pindo e Lara Trillo Vázquez de 4º curso do CEIP de Carnota. E por último, na categoría de terceiro ciclo os gañadores foron Fátima Outes Castro, estudante de 5º curso no CEIP do Pindo, e David Lema Rama, alumno de 6º curso de primaria do CEIP de Carnota e autor da postal elixida como tarxeta institucional do Concello para felicitar as festas de Nadal a todos os veciños e veciñas e Carnota. Todos os gañadores recibiron como premio un diploma e un lote de libros. Ademais, entre todos os participantes sorteáronse varios agasallos máis, como un curso náutico cedido pola escola Nalú que lle tocou a Laura Sanvicente Caamaño, un reloxo dixital que lle tocou a Gabriel Sande Beiro, un cepillo de dentes eléctrico a Zaira Fernández Lago, un MP3 a Alexis Lago González e un MP4 a Brais Fernández de la Iglesia, todos estes agasallos por cortesía de Tien21, que obsequiou así mesmo a todos os nenos participantes con cadansúa camiseta.

Presnetación do libro de José Cerandas

Xa o limos, i é que a presentación do libro "Os canteiros de Carnota, obra do canteiro José Cernadas Sande, foi todo un acontecemnto. Estiveron presentes o conselleiro de cultura, Roberto Varela, o delegado da Xunta, Diego Calvo, e o alcalde de Carnota, José Oreiro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carnota da man de Sara Piñeiro.

Comentarios