xoves. 07.11.2024
El tiempo

Os pequenos de Carnota voltan á rede

Os pequenos de Carnota voltan á rede

O pasado luns, 17 de outubro, o Concello de Carnota retomou os cursos de informática que se veñen ofertando nos últimos anos, cun grande éxito de participación. Arredor de 100 alumnos/ as, dende os 4 anos en adiante, participarán nesta actividade, en diferentes quendas.

Organizáronse grupos de 10 persoas, distribuídas en función da idade e o nivel de dificultade, que asisten a clases dous días á semana, con sesións de unha hora de duración.

Así mesmo, ampliouse a oferta formativa e, ademais de informática básica, impartiranse tamén cursos de nivel medio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carnota.

Comentarios