mércores. 26.03.2025
El tiempo

Os peques serán os protagonistas das Letras Galegas en Carnota

Os peques serán os protagonistas das Letras Galegas en Carnota
Os peques de Carnota seran os protagonistas das Letras galegas

Xa hai programa en Carnota para o Día das Letras Galegas, e as actividades de dinamización lingüística e cultural irán dirixidas fundamentalmente ao público infantil e familiar. Uns días que serven para promover o uso da lingua galega e divulgar a figura de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

O xoves 8 de maio o alumnado do CEIP de Carnota e da EEI de Portocubelo gozará do espectáculo “Merenda con pan de millo”, a cargo da compañía Migallas Teatro, coa participación de María Campos e Carlos Yus. A función, que terá lugar no CEIP de Carnota ás 12:00 h, combina música e a narración oral en lingua galega, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.

O luns 12 de maio terán lugar dous espectáculos infantís que integran narración oral en lingua galega, expresión dramática e música en directo.
Por unha banda, o alumnado do CEIP do Pindo e da EEI do Viso, asistirá á función “Contos nas Orellas”, un animado espectáculo que engloba un conto tradicional, un conto de autor e un conto musicado. A actividade terá lugar ás 11:00 h no CEIP do Pindo.
E por outra banda, as nenas e os nenos da Escola Infantil A Galiña Azul de Carnota gozarán, xunto cos seus familiares e educadores, cos “Contos do Chupete”, un espectáculo concibido para bebés e familias, que se desenvolverá no propio centro educativo, ás 12:15 h.
Ambas as funcións corren a cargo da actriz Bea Campos e o músico David González, integrantes da compañía Migallas Teatro.

Peques de Carnota preparando camisolas coa cara de Diaz Castro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios