Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os voluntarios mapearán as rutas do Monte Pindo para Google Maps

Os voluntarios mapearán as rutas do Monte Pindo para Google Maps
Un trasno mapeando o Camino dos Faros Un trasno mapeando o Camiño dos Faros

Xa se percorrer íntegro o Camiño dos Faros a través do Google Street View. A Asociación de trasn@s non pararon ata que o xigante das telecomunicacións Google lles prestou esa cámara 360 coa que mapear os 200 km de sendeiro litoral. Agora é a Asociación Monte Pindo Parque Natural a que toma a iniciativa para mapear o Olimpo Celta, e abre unha campaña para buscar voluntarios que poidan portear a pesada mochila-cámara.

Google, ademais de recoñecer esta semana oficialmente a proposta da Asociación polo Parque Natural no Monte Pindo ao mesmo nivel que os outros parques naturais existentes na nosa comunidade, coloca á entidade carnotá coma xestora deste espazo.

Así a colaboración parece aberta para lanzar o programa Trekker Monte Pindo, mediante o cal moi pronto vai desenvolver comezar a mapear rutas do Monte Pindo e do seu entorno xeográfico para incorporalas á súa aplicación Google Street View. Isto permitirá que calquera persoa, desde calquera parte do mundo, poderá percorrer as principais rutas do Monte Pindo. Permitirá ademais que persoas que polas súas limitacións físicas e psíquicas nunca puideron ascender os seus cumios, agora poderán facelo de xeito virtual.

Prevén comezar para a primaveira os traballos de mapeo, percorrendo as rutas portando a mochila Trekker de Google, gracias á colaboración de voluntario. Así que se queres participar, podes poden incribirse xa na páxina trekker.montepindo.gal.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios