Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un outubro para as crianzas en Carnota

Programa Infantil Carnota Outono 2022
Un outubro para as crianzas en Carnota

Se o programa de Noites Espectaculares está formulado para os adultos, o Concello de Carnota tamén presenta un Programa de actividades infantís da Axencia de Lectura Municipal para o mes de outubro.

Estas son as tardes de contos, música e teatro para gozar en familia que chegan a través do programa Ler Conta Moito e do Xacobeo 21-22:

  • Venres 7 de outubro, ás 17:00, salón de actos do Concello de Carnota: Contos musicados (Bolboreta). Sesión de cantacontos dinamizado pola pedagoga musical Lydia Botana, Bolboreta, para nenas e nenos a partir dos 3 anos.
  • Venres 14 de outubro, ás 17:00h, no salón de actos do Concello de Carnota: Trispilistriñas. Contos para bebés (Pavís Pavós). Sesión de contos, arrolos, cantos, xogos e ladaíñas para bebés e familias, especialmente recomendada para crianzas de 0 a 3 anos.
  • Sábado 22 de outubro, ás 17:00h, no salón de actos do Concello de Carnota:: As historias de Bemol Pequeno (Música Miúda). Espectáculo musical para público infantil e familiar da man de Música Miúda, recomendado para nenas e nenos a partir de 3 anos.
  • Martes 25 de outubro, ás 17:30h para crianzas de 1 e 2 anos e ás 18:30 para crianzas de 3 e 4 anos, no salón de actos do Concello de Carnota: Zapatos (Caramuxo Teatro). Espectáculo teatral que recupera as historias que levan dentro todos eses zapatos que xa non teñen dono, dirixido a familias con crianzas de 1 a 4.

Para participar cómpre inscribirse na Biblioteca, por teléfono (981106331) ou por correo electrónico ([email protected]), indicando nome e apelidos das persoas que asistirán, un teléfono de contacto e a idade das crianzas.

Comentarios