Venres. 19.04.2024
El tiempo

O pobo de Lira falou e pediu xustiza, pediu perdón para Manuel de Talelo

Concentracion en Lira polo indulto a Manuel de Talelo-Foto-Xose Sendon
Concentracion en Lira polo indulto a Manuel de Talelo-Foto-Xose Sendón
O pobo de Lira falou e pediu xustiza, pediu perdón para Manuel de Talelo

Respondeu a cidadanía da comarca e demostrou a súa mobilización para pedir o indulto a Manuel de Talelo, Manuel Martínez Lustres. A tarde do sábado tivo lugar unha emocionante concentración, con centos de persoas apoiando a este ex presidente da agrupación de perceberiso de Lira, que está pendente de ingresar en prisión tras recibir unha condena de 3 anos, por unha agresión a un furtivo. Un suceso acontecido en 2013, en pleno proceso de desmantelamento por parte da Xunta da Reserva Mariña dos Miñarzos, que obrigaba aos propios profesionais a enfrontarse aos furtivos cara a cara.

Agora, a sociedade carnotá reacciona, se cadra algo tarde, tras 6 anos de litixio xudicial, e vendo como a prisión pode fracturar de raíz unha familia do máis normal, unha familia traballadora.

Á chamada do Lira Club Fútbol uníronse os partidos políticos (BNG e despois PSOE levaron sendas proposicións non de lei ao Parlamento galego, e as confrarías úníronse nunha emotiva concentración celebrada esta tarde de sábado no Portocubelo de Lira.

Máis dun milleiro de persoas demostraron un apoio que tanto agradece a propia familia de Manuel. Un Manuel que non se puido achegar ao lugar porque, literalmente, “estano matando en vida”, como explica un dos seus amigos, Anxo Gómez, presidente do Club liracho e socio da confraría, e un dos armadanzas de toda esta mobilización.

Concentracion en Lira polo indulto de Manuel de Talelo-Foto-Xose Sendon 2

”Foi moi bonito, a verdade, ver todos os actores sociais, deportivos, económicos… xentes de todas as idades, unidos. Non xuntas tanta xente nun pobo pequeno como Lira, nin para as festas”. E así foi esta demostración de apoio completo de toda a sociedade, dende o club de fútbol pasando pola Asociación Cultural Canle, as xentes do mar, ou veciños de todas as idades nun acto que quixo deixar fóra as cores políticas.

O actor Miguel de Lira, familia de Manue, fixo de presentador, agradecendo a xente polo compromiso, e mesmo se mollou, deixando patente que os danos xa estaban máis que pagados, e que a prisión causaría un prexuizo á familia tremendo. Excusou a Manuel por etsar absolutamente abatido e deu paso ao patrón maior da confraría de Lira.
José Mariano Lago Louro, con varios patróns de confrarías galegas, entre eles o presidente da Federación, quixo falar o que lle saíu do corazón, e mesmo se lle cortou a voz en varias ocasións da emoción. Dou as gracias ás confrarías de Galicia, porque o furtivismo nos inflúe a todos, e reiterou que os furtivos son de sobra coñecidos na zona, e recordou que viñeran vengarse porque Manuel os sacou das pedras, e o home reaccionou con medo.

Un acto para intentar facer que o Goberno estatal escoiten a un pequeno pobo de Galicia, á xente do mar galego. Un acto no pobo falou e pediu xustiza, pediu perdón para Manuel.

Concentracion polo indulto de Manuel Martinez Lustres

O Lira coa pancarta de indulto a Manuel Martinez Lustres
O Lira CF sacou a pancarta no partido da Liga da Costa 

Novas relacionadas

Comentarios