Venres. 19.04.2024
El tiempo

O PP tamén solicita o indulto a Manuel de Tatelo e pide actuar con severidade ante o furtivismo

Concentracion polo indulto de Manuel de Talelo
Imaxe da multitudinaria concentración polo indulto de Manuel de Talelo
O PP tamén solicita o indulto a Manuel de Tatelo e pide actuar con severidade ante o furtivismo

Completa o PP o trío de partidos que apoian a petición de indulto para o carnotán Manuel Martínez Lustres. A estas alturas xa coñecemos a historia de Manuel de Talelo, sobre todo despois da emotiva concentración do pasado sábado. A ela acodían tamén membros do Partido Popular, “como uns máis para dar o apoio a Manuel e a súa familia, a fin de non considerar o noso xesto cun carácter partidista”.

E por isto tamén quixeron esperar uns días para enviar os documentos de apoio á causa, silando que intentaron presentar unha moción conxunta pero que “algúns grupos se negaron”. Un documento que entenden que se trata dunha condena severa, e lembra que “o condenado tivo que indemnizar ao agredido, que lembremos que se trataba dun furtivo, coa cantidade de 7.200 euros”.

Unha vez que a defensa xurídica do procesado ten solicitado a posibilidade dunha concesión discrecional de indulto total ou subsidiariamente parcial á pena que lle foi imposta, o PP considera que neste caso (suceso acontecido en 2013 no marco dunha situación de “descontrol” ante o furtivosmo na zona) sen razóns humanitarias, de rehabilitación ou de equidade, con suficiente entidade para que o Estado poida renunciar ao exercicio do poder punitivo por entender que será máis prexudicial que beneficioso para o reo e a sociedade.

Por todo isto o Grupo Parlamento do PP de Galicia insta á Xunta de Galicia a que “apoie o requirimento de conmutación da pena e demande ao Goberno central o outorgamento de indulto para D. Manuel Martínez Lustres, ou cando menos que lle exima de entrar en prisión”.

Tamén solicita que “unha vez acadada a tipificación como delito de condutas relacionadas co furtivismo, plasmado na reforma do artigo 335 do Código Penal, instar ao goberno Central que aplique con maior rigorosidade a norma, que impida que se dean casos graves de furtivismo e frean a posibilidade de que xurdan situacións como a vivida en Lira.”

Novas relacionadas

Comentarios