Venres. 07.05.2021
El tiempo

O raposo de Cornido lánzase á novela

Marcos Porto lendo Dante Alighieri na casa
Marcos Porto lendo Dante Alighieri na súa casa de Cornido
O raposo de Cornido lánzase á novela

Onte foi o Día do Libro. Xa o celebramos visitando varias librarías, pero non podería faltar a presentación dun novo libro.

Imos ata Cornido, unha fermosa aldea da montaña de Carnota, onde crece Marcos Porto Ares. Marcos nace nun ambiente cultural tremendamente axitado gracias ao papel que desenvolve o seu pai, Nacho Porto, un dos artesáns máis recoñecidos de toda a Costa da Morte.

A creatividade formou sempre parte da cabeza deste mozo de apenas 22 anos, que compaxina os seus estudos de ADE en Santiago coas gañas de volver correr pola banda do campo municipal de Lombáns, onde a familia do Lira CF o coñece como “O Raposo de Cornido”.

Foi durante o ano 2019, nunha época de moito movemento na súa vida, cando lle xurdiu, a raíz dun soño, unha boa historia na cabeza, unha historia de viaxes e arte pola Italia do renacemento cun protagonista, Marco di Murano, moi especial.

Tras enviala a varios concursos e contactar con varias editoriais, a Editorial Tandaia interésase de verdade polo proxecto, e proponlle realizar unha campaña de micromecenazgo para intentar darlle un empurrón. A campaña a través da plataforma Lánzanos está sendo todo un éxito, e con aínda unha semana de percorrido xa recaudou o doble do mínimo, tras recibir case un cento de achegas.

”Toda esta experiencia está sendo incrible”, relátanos Marcos, que xa ten a segunda novela polo camiño, “algo aparcada polos exames e coa campaña desta”, apunta. “Pero nesta primeira hai unha referencia á segunda, así que hai que ler con atención”, avisa.

Esperamos entón que ao longo deste ano xa poidamos ter nas nosas mans a historia de “Marco di Murano”.

Marco diMurando de Marcos Porto Ares

Novas relacionadas

comentarios