Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Remedios Novos: Lira comeza a conta atrás para os Remedios Vellos

Festa dos Remedios Novos de Lira
Remedios Novos: Lira comeza a conta atrás para os Remedios Vellos

O próximo martes, día 19, e o sábado 23 de abril, Lira volve celebrar a festividade dos Remedios Novos, na honra da Nosa Señora dos Remedios. “Dun xeito diferente ó que tiñamos costumbre, pero ca mesma ilusión por honrar o día da nosa virxe”, recoñece Xan Piñeiro, este martes 19 de abril xa hai dianas e alboradas da man de Ximiela de Louro e misas durante toda a mañá, con procesión despois da misa da 13:00.

O sábado amence coas dianas e alboradas do grupo Fumes do Cal de Ameixenda, e trala misa das 13:00h, cantadas polo Orfeón Ría de Muros, procesión.

”Esperamos que durante esta conta atrás de sete semanas para os Remedios Vellos 2022, teñamos a oportunidade de ofrecervos unha celebración, a parte de cos actos relixiosos, cunha gran verbena”, explican.

Comentarios