Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Saltan as muxicas da crispación arredor do Monte Pindo

Saltan as muxicas da crispación arredor do Monte Pindo
Monte-Pindo-e-Ezaro-queimados-dende-Minhons

Mentres a bisbarra reza para que non chova demasiado e as cinzas non acaben contaminando as rías da berberecheira de Caldebarcos e da ría de Corcubión, a loita política xa está completamente aberta.
Ao tempo, o que berra e silencio é o Monte Pindo, calcinado, triste, negro… marco ideal para unha unha película lúgubre.

Pero estes días avívanse as lapas da crispación política. A Xunta estase a esforzar en deixar claro que o Monte Pindo ardería igual se fose Parque Natural. Parece que para a Xunta, a pesar da catástrofe, é valido o sistema de protección da Rede Natura e de "Lugar de Interese Comunitario". Unha Xunta que critica que a entidade que promove o Parque Natural é "partidista", mentres o alcalde carnotán denuncia a "política de abandono do rural" das administracións.

Dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural consideran esta postura unha fuxida cara adiante por parte da Xunta, "sen asumir" a maior catástrofe do ano en Galicia, con máis de 2.200 hectáreas queimadas, e case que o 100% da superficie do Olimpo Celta.

Para a entidade, este lume é causa "dos oídos xordos que a Xunta fixo das demandas da sociedade", que "leva 3 anos pedindo a declaración de Parque Natural e a conservación do monte".

Non pensan o mesmo os veciños do Pindo. Se ben boa parte do termo municipal, e boa parte do país, si que apoia a iniciativa do Parque Natural, os veciños da vila pindexa esfórzanse por demostrar que a declaración só vai ser un lastre nas súas vidas. Criticaron a actitude do alcalde durante os días de lume por "coidar máis aos da asociación que aos veciños", e esperan que a Xunta non leve a cabo un punto que xa levaba o PP carnotán no seu programa electoral dende o 2003.

Marcha Verde

O vindeiro sábado 28 de setembro, roteiro verde, esperemos que sen bandeiras, polo Monte Pindo

Nesa liña, e esperemos que só con bandeiras verdes, a Asociación MPPN convoca o roteiro reivindicativo "Do negro ao verde" para o vindeiro sábado 28 de setembro de 2013.

Serán tres "marchas verdes" que partirán simultáneamente ás 11:00 horas desde a Praza da Solaina (O Pindo, Carnota), o Supermercado As Cruces (Caldebarcos, Carnota) e da Área Recreativa do Fieiro (Mazaricos) para encontrarse finalmente na Laxe da Moa, no máis alto do Monte Pindo.

Máis información

Novas sobre o #IFCarnota

Fonte

Comentarios