Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Se disfrutas da praia... Sácalle un plástico

Se disfrutas da praia... Sácalle un plástico
Limpeza da praia de Larino no Memorial Suso Pais-Foto-Xose Sendon Limpeza da praia de Lariño no Memorial Suso Pais-Foto-Xose Sendon

Este foi o lema da V Edición do Memorial Suso Pais. E non, non foi un partido. A homenaxe consistiu nunha limpeza de praias. Esa é a mellor forma de facelo, a cousa que máis orgulloso que lle faría sentir a este buceador pertencente ao Club de Actividades Subacuaticas “Os Petóns” e Asociación C.R.D.M. “Rumial”.

Precisamente as dúas entidades únense cada ano para facer unha limpeza nas praias da zona. Este 2016 tocou a Praia de Lariño e un centenar de voluntarios, entre moitos espontáneos que estaban tomando o sol e que se uniron á causa, e baixaron o lombo para eliminar todo tipo de lixo.

Plásticos, principalmente, corchos, botellas e moitos restos da actividade pesqueira, como caixas de peixe, redes… foron o lixo máis recollido do areal.

Voluntarios na Limpeza da praia de Larino no Memorial Suso Pais-Foto-Xose Sendon Limpeza da praia de Larino no Memorial Suso Pais-Foto-Xose Sendon 2 Lixo recollido na Limpeza da praia de Larino no Memorial Suso Pais-Foto-Xose Sendon Novas relacionadas Fonte 

Comentarios