Sendeirismo, deporte, gastronomía, música, mar e festa no VIII Encontro Monte Pindo
Un ano máis, e xa van 8, a Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Pedramar de O Pindo vén de presentar os actividades a desenrolar no discurrir do seu VIII Encontro Monte Pindo PINDO que se celebrará entre os días 8 e 10 do vindeiro mes de xullo en O Pindo (Carnota).
Durante os tres días terase tempo para charlas sobre o Monte Pindo, actividades de sendeirismo, carreiras a partir dos 6 anos (o Trail será un dos grandes protagonistas), degustacións gastronómicas, paseos culturais en catamarán, comida de confraternidade, música e festa. Será unha festa de convivencia entre socios, veciños e calqueira visitante dos arredores ou outras latitudes que queiran asistir.
Programa do VIII Encontro Monte Pindo
Venres 8 de xullo. No Local Social no Porto do Sinal
- A partir das 19:00 h. Entrega de acreditacións paras as diferentes actividades.
- 20:00 h. Apertura do VIII ENCONTRO MONTE PINDO a cargo do arqueólogo TITO CONCHEIRO e do historiador FELIPE SENEN, na que nos deleitarán coa súa sabeduría sobre a historia do Monte Pindo.
- 21:15 h. Degustación gastronómica.
Sábado 9 de xullo. Na Praza da Solaina
- 9:30 h. Subida guiada polo Monte Pindo, ascendendo polo recuperado Camiño Sacramental. A organización entregrará na saída a cada participante unha bolsa que conterá comida e bebida para avituallarse durante a ruta.
- Dende as 15:00 h. Entrega de dorsais ós participantes no II TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO.
- 16:00 h. Saída da proba para a categoría prebenxamín (6 e 7 anos), cun percorrido de 700 mts.
- 16:20 h. Saída da proba para as categorías benxamín (8 e 9 anos) e alevín (10 e 11 anos), cun percorrido de 1.200 mts.
- 16:45 h. Saída da proba para as categorías infantil (12 e 13 anos) e cadete (14 e 15 anos), cun percorrido de 2.700 mts.
- 17:15 h. Saída da proba para as categorías xuvenil (16 e 17 anos), parellas, senior, veteranos A e veteranos B. Para os adultos haberá duas distancias: 14 kms e 26 kms. As categorías xuvenil e parellas só percorrerán 14 kms. - 22:00 h. Entrega de trofeos.
- 22:30 h. Degustación de rodaballo e verbena a cargo da orquesta PACIFICO.
Domingo 10 de xullo
- 10:30 h. Dende o Porto do Sinal, primeira saída en catamarán pola Ría de Cee e Corcubión e Illas Lobeiras.
- 10:30 h. Dende a Praza da Solaina, primeira saída polo Roteiro do Fornelo.
- 12:00 h. Dende o Porto do Sinal, segunda saída en catamarán pola Ría de Cee e Corcubión e Illas Lobeiras.
- 12:00 h. Dende a Praza da Solaina, segunda saída polo Roteiro do Fornelo.
- 14:30 h. Na Praza da Solaina e baixo carpa, comida de confraternidade e clausura do VIII ENCONTRO MONTE PINDO a cargo das PANDEREITERAS DA SOLAINA.
II Trail Monte Pindo
Despois da experiencia organizativa do ano pasado A.C.D.R. PEDRAMAR amplía o número de probas a celebrar. Como novidade para esta edición presenta unha proba longa de 26 kms e 1.250 mts. de desnivel positivo. A proba curta constará de 14 kms e 600 mts. de desnivel positivo e é a proba ideal para aqueles que queren comezar a correr polo Monte Pindo.
Outras novidades de este ano será a ampliación da distancia para as probas das categorías xuvenís e parellas. O ano pasado percorrían 6 kms e este ano pasarán a percorrer 14 kms. En canto as categorías este ano créase a categoría Veterana B feminina para igualar en canto a número coas categorías masculinas.
A plataforma de inscripción está habilitada en encontropindo.galitiming.com. O prazo de inscripción rematará as 12 da noite do día 5 de xullo. Para calquer dúbida que xurda deberán enviar correo electrónico a conta [email protected].
Inscrición
Para anotarse nas diferentes actividades, os interesados deberán dirixirse a páxina web pedramaropindo.org. Alí atoparán o formulario de inscrición así como a donde envialo unha vez cuberto a [email protected] e un teléfono de contacto en caso de alguna dúbida. Hai prezos, con o sen estancia, para todos os gustos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).