mércores. 11.12.2024
El tiempo

O Servizo de Normalización do Concello de Carnota propón unha serie de tardes de Apego para as familias

Tardes_con_Apego_novembro  copia
O Servizo de Normalización do Concello de Carnota propón unha serie de tardes de Apego para as familias

En novembro, o Concello de Carnota, a través do Servizo de Normalización Lingüística (SNL), trae novas propostas enmarcadas no programa Apego, para gozar do tempo de lecer en familia e favorecer a crianza e a socialización en galego na infancia.

As actividades programadas para este mes están recomendadas para familias con nenas e nenos de 4 anos en adiante e teñen como obxectivo ofrecerlles espazos de interrelación e intercambio de experiencias favorables para o uso do idioma dende os primeiros anos de vida, así como promover a igualdade de xénero, visibilizar e pór en valor o papel das mulleres na ciencia e divulgar a ciencia en galego.
Os espectáculos son de balde e para participar non se require inscrición previa. A entrada é libre, ata completar a capacidade do local.

A primeira xornada será o sábado, 9 de novembro
ás 17:30 h no Salón de actos do Concello de Carnota. A obra é "Inventoras con mentes curiosas. Toupiciencia en feminino" con a A Xanela do Maxín
Espectáculo da serie Toupiciencia, con retos e desafíos para mentes curiosas. Ademais, descubriremos brillantes mulleres que fixeron e fan grandes contribucións no campo da ciencia.


A segunda cita séra o sábado, 23 de novembro, tamén ás 17:30 h no Salón de actos do Concello de Carnota, desta volta con "Dúas nenas moi valentes" de Trémola Teatro. Trátase dun
contacontos teatralizado para fomentar a igualdade de xénero. 

Estas actuacións están programadas polo SNL do agrupamento dos concellos de Carnota e Mazaricos, servizo financiado pola Deputación provincial da Coruña.
 

Comentarios