mércores. 07.05.2025
El tiempo

Solicitadas 9 licencias para instalar quioscos en 6 praias da Costa da Morte

Solicitadas 9 licencias para instalar quioscos en 6 praias da Costa da Morte

Non sabemos se ningunha outra praia da volta poderá ou non ter o seu quiosco, pero só 3 areais da Costa da Morte veñen de solicitar licencia para instalar quioscos durante o verán. Uns quioscos que terán que ser desmontables e compróbase que só estean montados dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro.

Na zona, as peticións foron as seguintes: /p>

  • Carballo: 3 quioscos para a praia de Razo.
  • Carnota: 2 quioscos para a Boca do Río e 1 para Lariño.
  • Muros: 1 quiosco para a praia de Louro, 1 para a das Xalfas e outro para Cabanas.

O prazo medio de tramitación oscila entre un a dous meses. Tras a tempada e en colaboración con Costas Galicia, farase unha inspección do cumprimento da autorización en canto a que a instalación sexa retirada, se ben unha vez extinguida a autorización, o 30 de setembro de 2013, o quiosco deberá ser retirado no prazo máximo de quince días.

En caso de atoparse no espazo natural REDE NATURA, deberá obter autorización do Servizo de Conservación da Natureza desta Consellería.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios