Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Laracha implica o tecido comercial nos actos 25N

Eu implicome contra a violencia de xenero
A Laracha implica o tecido comercial nos actos 25N

O 25 de Novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, celébrase este ano na Laracha baixo o lema “Eu implícome contra a violencia de xénero”. Un programa, adecuado aos tempos de pandemia, con tres partes complementarias.

O proxecto “Xanelas” consiste na distribución de cen carteis ríxidos e adhesivos en formato globo de cómic con frases contra a violencia de xénero para colocar nas fachadas exteriores dos locais comerciais e das vivendas particulares que o soliciten.

O proxecto “Selfie” contempla a colocación doutros cincuenta carteis de similares características en edificios municipais e espazos públicos accesibles á poboación. As persoas que o desexen poderán sacarse unha fotografía xunto ao globo de cómic coa frase que considere mellor representa o seu sentimento de rexeitamento á violencia de xénero e enviala ao Concello vía correo electrónico para ser publicada no Instagram @Xuventudelaracha. As tres imaxes que obteñan máis “gústame” serán premiadas cunha tableta, un reloxio intelixente e un altofalante portátil.

Para participar nestas dúas iniciativas cómpre cubrir o formulario de inscrición na web municipal.

A terceira consiste na distribución de bolsas e de máscaras de cor violeta que levan gravado sobre un lazo o lema “Eu implícome” e o escudo do Concello da Laracha.

Cultura e loita

Ademais, unha das funcións dentro dos Venres Teatrais está relacionada coa temática da violencia de xénero. Será o 4 de decembro con Soa, espectáculo protagonizado por unha muller maltratada física e psicoloxicamente á que dá vida a actriz Rogelia dos Outeiros.

Novas sobre o #25N

Comentarios