Stoupa, o novo centro da cultura e artesanía da Costa da Morte


Ten que ser unha tenda turística, de iniciativa privada, o primeiro en intentar convertirse no centro da cultura e a artesanía da Costa da Morte. A tenda turística Stoupa xuntou en Cee o pasado venres a uns 40 representantes da cultura local, así como emprendedores e artesáns da comarca.
Persoeiros como Nacho Porto, Viki Rivadulla, Fernando Fraga, Jesica Coiradas, Marinna Mouzo ou Rocío Leira, así como empresas locais como Carnicería Antelo, Atlantis Adventure ou Fresco y del Mar disfrutaron dunha velada na que degustaron dous produtos ideados por emprendedores da comarca: cervexa artesá Estrela do Mar e tónica Bágoas do Mar.
Tivo lugar, ademais, unha presentación aberta ao público na que se presentou a nova colección “Stoupidos 2016”, que estará exposta no noso establecemento durante o mes de Decembro, ata pasar a fin de semana de Reis, e na que participan numerosos artistas da Costa da Morte.





Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).