Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Suso Campos: “Se teño que pedir cartos ao PP, a Podemos ou ao demo, pedirei para mellorar a vida dos veciños”

Suso Campos: “Se teño que pedir cartos ao PP, a Podemos ou ao demo, pedirei para mellorar a vida dos veciños”

Un Suso Campos que chega cunha lista moi nova, coa intención de mellorar os resultados de 2011, cando sumou 2 concelleiros que lle permitiron entregar a alcaldía ao BNG, co que se entendía bastante ben antes de comezar a lexislatura. Cambiaron as tornas e parece que a vida política municipal está algo máis axitada, cunha ampla presencia nos xulgados, tanto polo bando do PP como do BNG.

Suso Campos pensa en positivo, en todo caso, e trae un programa para “gobernar carnota xerando emprego, promocionando o turismo… indo da man de Pequeño e tendo un plan conxunto, un plan comarcal”.

  • QPC: Con que obxectivo afronta a súa lista estas eleccións do #24M?

Queremos que por primeira vez na historia, os veciños nos dean a oportunidade de chegar á alcaldía de Carnota, que somos o único grupo que nunca estivo, e así poder mellorar a vida dos cidadáns.


  • QPC: Cales son os puntos fortes do seu renovado equipo?

O trato cos veciños, o día a día, e acordarnos deles tódolos días da lexislatura e non só no mes electoral como fan as outras forzas. Temos un equipo onde está involucrada xente de todo tecido asociativo, confrarías, equipos de fútbol, comisións de festas, asociacións de veciños… toda xente involucrada no desenvolvemento de Carnota, xente con gran vontade de traballo para darlle un cambio a Carnota.

Lista do PSOE de Carnota 2015
  • QPC: Cales cren que son as eivas máis grandes no seu concello?

Carencias hai moitísimas, porque foron 4 anos perdidos. Non se pediron subvencións, por exemplo o Fondo de Compensación Eólico, cos que podería ter pagado a parte que lle toca ao Concello de outras moitas axudas. Pero se gastan a pasta en pleitos e avogados.

En infraestruturas non temos nada novo nos últimos 4 anos. O único que se fixo foi desfacer a Brigada de Obras, e agora temos tres tractores parados, unha motobomba, unha máquina para limpar as máquinas, e agora andan contratando externamente a última hora.

Iso si, non queremos obras faraónicas. Porque temos agora un problema serio, ca Escola de música de San Mamede. Xa hai un millón invertido e o Concello necesita meter medio millón máis para rematar a obra. E a Inspección xa dixo que como en 2017 non estea rematada o Concello tería que devolver os cartos e entraría en bancarrota. Tería que pedir unha subvención, pero non quixo.
Eu xa dixen que con Pequeño imos ir a pedir a todas as administracións. Eu ofrecinlle axuda para pedir subvencións na deputación, pero me dixo que que non quería nada do PP non do PSOE. Eu digo que lle pediría a PP, a Podemos e ao demo para mellorar a calidade de vida dos veciños.


  • QPC: Cales son as propostas máis importantes, do seu programa.

Queremos apoiar empresas como Dani, Prodemar, Ferroatlántica, porque a metade da cascada é nosa.
Queremos levar adiante un completo Plan Social. Queremos que os libros de texto para as xentes sen recursos. Queremos un Plan de Emprego Xuvenil, emais para os parados. Pero xa está ben de enchufismos, porque tanto o PP como este BNG que está sendo investigados por contratacións irregulares.

Queremos fomentar o turismo, e o queremos facer conxuntamente con Pequeño, para vender conxuntamente a Costa da Morte, fometar o turismo, a cascada do Ézaro o Monte Pindo, as praias, os hórreos...
Ademais, con moito pouco diñeiro queremos mellorar as zonas de acceso e de aparcamento nas praias do Pindo, Lira, Carnota… En Lira cambiar a ubicación das zonas de autocaravanas, que están xerando problemas.
E tamén queremos fomentar o deporte, que un temos un pavillón abandondado, e queremos dotalo dun ximnasio, dunha pista de padel, e o máis importante un parque infantil cuberto, para que os avós e os pais teñan onde levar aos nenos, algo que non hai pola volta.
E outros tres puntos, apoiar á confraría de pescadores, axilizar o PXOM e retomar a Concentración Parcelaria.


  • QPC: Monte Pindo Parque Natural?

Carnota está afectado pola Rede Natura e a Lei de Costas, e consideramos que o Parque Natural sería unha nova restrición, como acontece coas Fragas do Eume, onde sei que non chega un peso.


  • QPC: Como potenciará a participación cidadá no Concello?

Imos ter unha reunión cos veciños cada 3 meses, indo da man todo o ano, non só nas eleccións.


  • QPC: Como ve o traballo do BNG á fronte do goberno esta lexislatura? E do PP na oposición?

O alcalde non di a verdade cando di que aforrou diñeiro e hai falta de democracia. É certo que a maioría da débeda foi xerada por Oreiro, pero o actual alcalde reducíu a débeda pedindo un préstamo e agora llo debemos ao Santander.


  • QPC: Cre que podería darse algún pacto?

Temos que esperar a que fale a Xustiza, porque os dous candidatos están sendo investigados, pero xa digo que nun vou apoiar ningunha investidura, só queremos a alcaldía.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios