Venres. 23.10.2020
El tiempo

Eleccións #24M: Unhas eleccións carnotás marcadas polos xulgados

Eleccións #24M: Unhas eleccións carnotás marcadas polos xulgados

Chegan quentes as Eleccións do 24 de maio a Carnota, unhas das máis acendidas do espectro comarcal. I é que chegan marcadas por varios asuntos, como os polémicos despidos por parte da alcaldía, ou a imputación de altos cargos do PP por contratación a dedo. Varios asuntos que fixeron saltar as chispas entre grupos munipais que non se poden nin sequera falar, provocando unha falta de diálogo da que os veciños saen perxudicados.

O enfrontamento parece rotundo entre o actual alcalde do BNG, Moncho Noceda, e o ex alcalde, o popular José Oreiro. Pero agora a relación do grupo de goberno está paralizada mesmo con Suso Campos, que non se casa non ninguén despois de apoiar a investidura do BNG. Recordemos que en 2011, o PPdG foi a forza máis votada sacou 5 edís, polos 4 do BNG e os 2 do PSdG, polo que o BNG goberna dende entón en minoría sen ningún apoio a estas alturas.

Veremos pois como se reparten os 11 edís que se porán en xogo este 24 de maio. Así que repasamos as listas dos 3 partidos, que repiten as principais cartas. O que parece claro é que os pactos van estar carísimos, polo que apostamos por un goberno en minoría, o que parece moi difícil de saber é a cor.

Unhas eleccións marcadas polos Xulgados

Temos falado da imputación da deputada polo PP, a número 3 deste novo PP carnotán, Marisol Piñeiro, por suposta prevaricación nun tema de contratación a dedo. Un asunto do que aínda está pendente o candidato á alcadía e ex alcalde hai 4 anos, José Oreiro. I é que o caso pasou do Xulgado de Muros ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao ser Piñeiro aforada, quedando pendente Oreiro no xulgado muradán de seguir ca instrución.

Pero é que ademais, o actual alcalde e candidato polo BNG, Ramón Noceda, está sendo investigado polo Xulgado de Muros por unha suposta de prevaricación administrativa continuada na contratación. A xuíza, a instancia da Fiscalía e tras ser enviado o expediente a Santiago, decidía revocar a resolución inicial de arquivala denuncia do secretario-interventor, precisamente outro dos imputados na causa da que falamos anteriormente, Carlos Bousoño.

Noceda pode enfrontarse tamén a un caso de acoso laboral debido ás denuncias de Bousoño de “inxurias, calumnias e coaccións”.

Candidatura núm.: 1. PARTIDOS DOS SOCIALISTAS DE GALICIA - PSOE (PSdeG - PSOE)

O equipo de Suso Campos aspira a todo, a mellorar os seus dous edís e mesmo a conseguir “a maioría absoluta”. E o fai dende unha visión positiva: “Hai outras formas de facer as cousas, de gobernar Carnota, xerando emprego, promocionando o turismo… Nós queremos ir da man con Pequeño, co que temos un plan conxunto, sen liortas legais, con brigadas de oibras, sen postos duplicados, con sensatez…”

Hai poucas novedades na lista. Manuel Lago Caamaño, Emila Lado, Mariano Lago e Remedios Martínez serán os que intenten obter un asento no pleno, reemprazando ao actual concelleiro, Juan Saborido, que tras unha loga traxectoria quixo retirarse da vida política. Hai xente nova na lista, como Pedro Castro, Anxo Waldomar ou Demetrio Rodríguez, coñecidos do mundo deportivo.

PSOE de Carnota 2015
  • 1. SUSO CAMPOS DÍAZ.
  • 2. MANUEL LAGO CAAMAÑO (Independiente).
  • 3. EMILA LADO HERMIDA (Independiente).
  • 4. JOSÉ MARIANO LAGO LOURO.
  • 5. MARÍA REMEDIOS MARTÍNEZ LAGO (Independiente).
  • 6. ADELA CRISTINA RODRÍGUEZ PIÑEIRO (Independiente).
  • 7. PEDRO CASTRO CARBALLO (Independiente).
  • 8. RAMONA CAAMAÑO PÉREZ (Independiente).
  • 9. DOMINGO GONZÁLEZ BLANCO.
  • 10. MARÍA ROCÍO ALSINA FERNÁNDEZ.
  • 11. ISABEL REY CAAMAÑO (Independiente).

Suplentes:

  • 1. JUAN MANUEL SABORIDO RAMA.
  • 2. DAMIÁN RODRÍGUEZ BLANCO (Independiente).
  • 3. TOMÁS MANUEL FREIRE BLANCO (Independiente).
  • 4. MONSERRAT DOSIL CAAMAÑO.
  • 5. JOAQUINA VÁZQUEZ TAJES.
  • 6. ANXO LARIÑO WALDOMAR (Independiente).
  • 7. DIANA LADO CRESPO (Independiente).
  • 8. DEMETRIO RODRÍGUEZ PIÑEIRO (Independiente).
  • 9. MARÍA MANUELA CAAMAÑO BLANCO (Independiente).

Candidatura núm.: 2. PARTIDO POPULAR (P.P.)

PP de Carnota 2015

Repite Pepe Oreiro como candidato despois de pasar pola alcaldía e pola oposición. Estará escoltado dun experiementado Santiago Brea Beiro como número 2, mentres que a deputada imputada Marisol Piñeiro queda de nº3. Hai outra variante, pois María Jesús González Senande está de nº4, por riba da ata hoxe edila Ana González Louro. E xa no nº6 aparece outro coñecido futbolista carnotán, Juan Manuel Piñeiro.

  • 1. JOSÉ DOMINGO CIPRIANO OREIRO RODRÍGUEZ.
  • 2. MANUEL SANTIAGO BREA BEIRO.
  • 3. MARÍA DE LA SOLEDAD PIÑEIRO MARTÍNEZ.
  • 4. MARÍA JESÚS GONZÁLEZ SENANDE.
  • 5. ANA ISABEL GONZÁLEZ LOURO.
  • 6. JUAN MANUEL PIÑEIRO MARTÍNEZ.
  • 7. VENTURA CAAMAÑO SIEIRA.
  • 8. JUAN DOMINGO GARCÍA LAGO.
  • 9. MARÍA DE FÁTIMA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ.
  • 10. MARÍA SOL CAMBEIRO DÍAZ.
  • 11. MARÍA DEL CARMEN GARCÍA GONZÁLEZ.

Suplentes

  • 1. JOSÉ ENRIQUE ROMERO CAAMAÑO.
  • 2. ALEXANDRA RIVEIRO CAMBEIRO.
  • 3. VERÓNICA ROMERO DOSIL.
  • 4. CARLOS CASTRO VILLAR.
  • 5. MARÍA DOLORES COSTA FORMOSO.
  • 6. CARLOS SANTAMARINA PÉREZ.
  • 7. FELIPE BLANCO MALVÁREZ.

Candidatura núm.: 3. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.)

BNG de Carnota 2015

Parece que a participación veciñal se prantexa como unha esixencia no Bloque carnotán. Ou así o está deixando ver ca última rolda de asembleas veciñais antes dos comicios, repasando as actuacións destes últimoas 4 anos e escoitando aos veciños. Un BNG que vén de anunciar que remunicipará o servizo de auga no 2016.

Sen compañeiros no goberno, o BNG presenta unha lista paritaria, con só a metade de militantes e outra metade de independientes, con representación de todas as parroquias e con 7 caras novas. Da lista anterior, cae a número 2, Merche Díaz Mayán, unha boa perda para o actual equipo de goberno. Ascende Iván Franco ao nº2, e toma o relevo de Antón Beiro a brava de Caldebarcos, Belén Campos. Jorge Fiuza tamén está na 5ª praza buscando algún espazo no pleno.

  • 1. RAMÓN NOCEDA CAAMAÑO.
  • 2. IVÁN FRANCO CAAMAÑO.
  • 3. MARÍA BELÉN CAMPOS DIAZ.
  • 4. JORGE ANTONIO FIUZA BARREIRO.
  • 5. MARÍA DEL CARMEN ARMENDÁRIZ VILLAR.
  • 6. SANTIAGO MACEIRAS DOSIL.
  • 7. MARÍA LOURDES PIÑEIRO CAAMAÑO.
  • 8. FERNANDO MANUEL SIABA ESPASANDÍN.
  • 9. CECILIA CAAMAÑO GARCÍA.
  • 10. AGUSTÍN LAMELA CAAMAÑO.
  • 11. BEGOÑA PÉREZ DOMÍNGUEZ.

Suplentes

  • 1. MARÍA LUISA AGULLEIRO MALVÁREZ.
  • 2. MANUEL GONZÁLEZ COSTA.
  • 3. MARÍA FÁTIMA DOSIL CAAMAÑO.
  • 4. CÁNDIDO CAAMAÑO LADO.
  • 5. MARÍA MANUELA NÚÑEZ GARCÍA.
  • 6. DAVID AÑÓN PORTELA.
  • 7. SUSANA RIVEIRO SIABA.
  • 8. PEDRO BALAYO CAAMAÑO.
  • 9. MARÍA REMEDIOS DOSIL GONZÁLEZ.
  • 10. ANTÓN FEDERICO BEIRO OREIRO.

Eleccións #24M Concello a Concello

Novas interesantes

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

comentarios