Xoves. 28.03.2024
El tiempo

The Gone&Lost superan en Madrid a primeira batalla de bandas metaleiras

The Gone&Lost superan en Madrid a primeira batalla de bandas metaleiras

Impresionante a aventura desta nova banda de metal feita entre coruñeses e costeiros. Con tan só 2 anos de vida veñen de vivir unha experiencia de auténticos profesionais en Madrid. E o que lles queda...

I é que xa están clasificados para as semifinais da Batalla de bandas metaleiros no marco do concurso Wrestling of metal, que desenvolve a produtora madrileña Artforlife.
A pasada fin de semana chegaban a Madrid para participar nos cuartos de final e tras unha dura loita con dúas bandas madrileñas, coma se fosen os auténticos embaixadores do metal galego e fixeron vibrar a todos os asistentes así como ao xurado. Romperon todos os pronósticos, posto que para eles xa era un éxito chegar ata aí (había 70 bandas preseleccionadas), pero para a súa sorpresa, superaron a primeira proba.

Agora xa están preparando a seguinte viaxe á capital para o vindeiro 4 de marzo, cando se disputen as semis. Pero para iso precisan patrocinador, pois os gastos da viaxe non son poucos. Desta volta contaron co apoio de HT Producciones SL e Dalleqlibras, ademais das achegas do Restaurante muxián O Xardín, pero para esta nova aventura precisan algún apoio máis. Ademais, seica as camisetas que venden a través do seu Facebook xa se están agotando...

Todo para intentar chegar á final e levar o premio dun disco editado, e 1.000€.

Toda unha aventura

I é que estas viaxes son toda unha aventura. Da Coruña partían o pasado xoves ás 23:00h para chegaren a Madrid arredor das 7:00h. Aló ían o ceense e Iván Villar (baixo ao que xa coñecimos como bailarín de danza de alto nivel) e o carnotán Álvaro Lariño (batería) e o ceense Gonzalo (guitarra). Alejo Ordóñez (guitarra), de Oleiros, e o santiagués Miguel (voz) completan a banda.

O venres xa estiveron todo o día cas probas e montando o equipo. Presentabanse 3 bandas nestes cuartos de final, que se presentaba como unha noite de festival metaleiro, con 3 concertos en cernes. Abrían a lata os Visions, que pronto se fixeron co público co seu desgarro. Pero se cadra desgarraron de mais cando comezaron a pegarse ata que corría a sangue...

TheGone&Lost saltaban de segundos e o primeiro que fixeron foi agradecer ao público a súa presencia. Algo que chamou a atención ao xurado, pero se cadra é parte da indiosincrasia galega. De contado demostraron que o fan por vocación. Que soben ao escenario a disfrutar. As crónicas oficiais destacan que "as súas cancións tiñan de todo; Momentos máis tranquilos, momentos de moitísima forza, momentos divertidos... pero abrigo que todos eses momentos invitaban a unirche a eles, xa sexa headbangeando, movéndoche no sitio ou simplemente seguilos coa cabeza se es un pouco máis tímido".

Detrás deles soaron os Mindhunters, que era como ver en directo aos System of a Down.

Precisamente por iso, porque a terceira banda soaba impresionante, os costeiros creron que non seguirían adiante. "Nós non esperabamos gañar dende logo, e ao rematar o festival xa nos puxemos a recoller as cousas para metelas na furgo e arrincar", cóntanos Gon. Pero de repente chegou un da organización e nos comentou que tiñamos que ir sacala foto. Aínda non sabiamos nada e cando chegamos e nos din "enhorabuena!!!" aínda preguntamos por que!".

Evidentemente a cousa non podía quedar aí, noite de troula madrileña cos membros da organización. E ao día seguinte, cunha resaca de aupa, outros 600 quilómetros de volta.

Triunfando fóra de casa

A banda disfruta estes días da resaca festivaleira, pero son conscientes de que para triunfar nisto teñen que saír fóra. "En Galicia para é difilísimo, sempre hai que andar buscando onde tocar, e ademais os concursos normalmente están amañados. É triste pero vemos que temos que ir ata Madrid para que se valore o noso traballo. A verdade é que foi un puntazo, xogando fóra de casa, con outro público completamente distinto, e quedamos flipaos da resposta da xente. Se fai un ano nos din eso...".

Aquí quedades cun par de vídeos, un da propia actuación e outro da viaxe:

Vídeo de AXITPOP para GC da viaxe alucinante dos TheGone&Lost a Madrid

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios