Un coche sofre unha saída de vía e despois prende lume en Carnota

08:34 21/01/19

O pasado domingo un vehículo sufría unha saída de vía no km.25 da AC-550, en Mallou, Carnota. Os tres ocupantes non sufrían grandes consecuencias pero abandonaban o coche con rapidez porque de contado prendía lume. Tiveron que acodir o GES de Muros para sufocar o incendio, a Garda Civil de Tráfico, Policía Local e o servizo de mantemento da estrada.
