venres. 08.11.2024
El tiempo

Un flashmob polo Parque Natural Monte Pindo

Un flashmob polo Parque Natural Monte Pindo
A nova e orixinal iniciativa que se pon en marcha dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural vai en tono reivindicativo. I é que dado que dende a Xunta non queren aínda un Parque Natural na zona, a asociación creada para a defensa do patrimonio do Monte Pindo e a súa catalogación como Parque Natural, ponse en marcha. E prepara xa unha tremenda coreografía para o programa de VTelevisión MOBilízate. O ou que mellor se coñece nestes tempos como flashmob. Para iso fai un chamamento á veciñanza.

Como colaborar?

Non será necesario quedar unha xornada toda a vila para grabar. Desta volta as colaboracións poden ser a través de videos que fagades nas vosas casas, ou en calquera lugar emblemático da Costa ou do mundo. Haberá ademais que enviar estas videocolaboracións a [email protected] antes do 31 de xaneiro. O xeito é moi sinxelo. Só necesitas imprimir nun folio o logo da nosa asociación (descárgao aquí en PDF) e dispor dunha cámara (unha webcam ou unha cámara de fotos que grabe vídeo serve). Daquela, desde o lugar no que che praza, con quen che praza e como che praza, só tes pasar o logo da Asociación dun lado a outro do plano, a xeito dunha antorcha olímpica. É como se, estando no medio dunha cadea humana, recibiras o cartel pola túa dereita e o entregases á persoa que tes á esquerda. Desde a Asociación chaman a primar a orixinalidade, poñendo como único limite a imaxinación dos amigos que a asociación xa ten en todo o mundo: cadeas colectivas, gravación desde as localizacións máis emblemáticas, vestindo os atuendos tradicionais de cada zona... e todo tipo de ideas que se lle poida ocurrir aos participantes, cuxo único requisito será mandar as videocolaboracións a [email protected] antes do 31 de xaneiro.

Como se vai facer?

Unha vez feita a montaxe final unindo todas as achegas, o logo da Asociación Monte Pindo Parque Natural irá pasando de man en man entre os nosos amigos en todo o mundo, coma se dunha antorcha olímpica se tratase, para ir acabar á Laxa da Moa, no máis alto do Monte Pindo.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios