Un Mercado ecolóxico de Quilmas con 26 postos e moitas abellas
Este domingo día 20 de maio, terá lugar en Quilmas a 4ª Edición do Mercado Ecolóxico pola Defensa da Terra. Un mercado que fai da Agricultura ecolóxica ,o paso máis lóxico.
Haberá unha mostra iniciativas galegas que apostan polo cultivo de alimentos de xeito natural, pola defensa e protección do medio ambiente e a paisaxe, polo consumo responsable, por un desenvolvemento rural sostible e sólido con relacións de proximidade.
Nesta ocasión as abellas e a súa importancia para a vida e a ameaza que as sobrevoa coas fumigacións masivas serán as protagonistas, así coma a influencia que tiveron e teñen na literatura galega as actividades agrícolas e a interrelación das persoas coa natureza. De feito, nos vindeiros días falaremos deste asunto.
Así, o mercado localizarase na subida á Moa dende Quilmas nunha explanada chamada o Campo da Feira.
Programa do IV Mercado Ecolóxico de Quilmas
Apertura do Mercado
Ás 10:30h abriranse todos estes postos chegados de todas partes do país:
Mel:
- Maremel- Mel de AGA e produtos ecolóxicos coma algas mariñas e marmeladas.
- CCMM de Caldebarcos e San Cibrán- Mel do Monte Pindo.
- Abella Lupa- Mel e melatos Ecolóxicos de Covelo (Pontevedra)
Hortalizas:
- A Horta de Dolores- Hortalizas variadas de tempada eco e rosquiñas.
- Hortasán- Hortalizas variadas de tempada eco, conservas e viños.
- Senra SCG- Hortalizas variadas de tempada eco, legumes, froitos secos.
- Carme de Socastro- Hortalizas variadas de tempada.
- Raínha Lupa- Hortalizas variadas de tempada eco, fariñas e pan bio,plantas aromáticas.
- Serra do Castro- Embutidos ecolóxicos artesáns.
Plantas Menciñeiras:
- Milulhoa- Plantas menciñeiras deshidratadas e oleatos.
- Sanakura- Cremas naturais.
- Queixos Gabino-Queixos do país e de San Simón.
- Reposteiría Rois-Empanadas de millo, tortas de millo, filloas...
- Reposteiría Eco- Pan Bio, postres e pasteis.
- Lan a man- Prendas de lá e fieltro, tecidas e confeccionadas a man.
Leite Derivados:
Doces:
Tecidos:
Comercio Xusto:
- Equisol- Produtos ecolóxicos e de Comercio Xusto.
- A Estruga espazo agroecolóxico- Produtos ecolóxicos e de Comercio Xusto.
Oficios e Artesáns:
- Cesteiro de Rois- Cestos tradicionais de diferentes materiais.
- Cesteiro de Portosón- Cestos con formas innovadoras e apeiros e ferramentas artesáns.
- Charo- Cerámica de Carnota.
Colectivos:
- ADEGA- Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza.
- Monte Pindo Parque Natural
- SLG- Sindicato Labrego Galego.
- Zocamiñoca- Cooperativa de Consumo Responsable.
- Xestas- Comida Vexetariana
- Menduíña-Cervexas artesás.
- Taberna- Comida tradicional caseira, viños e bebidas.
- Charla: As abellas, axentes imprescindibles para a vida e a conservación da biodiversidade. A ameaza das fumigacións masivas.
- Lectura do Manifesto da Plataforma Fumigacións Non, coa participación de abelleiras e abelleiros.
- Performance e achegas de información.
- Agricultura eco-lóxica.
- En abril, augas mil.
- A Raínha Lupa revive cun Mercado Ecolóxico en Quilmas.
- Cociñando á beira do mar: Longueiróns de Fisterra en escabeche da avoa.
- Continúa o litixio entre agricultura ecolóxica e acuicultura en Quilmas.
- Un MAR de arte agrícola en Carnota.
- Quilmas abre Novos Horizontes con sementes autóctonas.
- Carnota tamén quere ampliar os seus horizontes no seu agro.
- Redacción de QPC ([email protected]).
Para o xantar:
Día da Diversidade
No mercado conmemorarase o día da mundial da biodiversidade coas seguintes actividades:
12:00h. ACTO POLA DIVERSIDADE NATURAL:
Ademais, co gallo do día das letras galegas farase en Quilmas a lectura voluntaria de poemas, refráns, ditos ou cantigas relacionadas co agro, o amor á paisaxe e á contorna natural.