Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Un premio cooperativo polo Canto da Balea de Lira

Un premio cooperativo polo Canto da Balea de Lira
Exposicion-de-Arte-Lixo-dos-peques-de-Carnota-Foto-Canto-da-Balea copia

De parabéns estamos esta semana na Costa da Morte. I é que termos unha Cooperativa que gañe premios polo seu traballo non é moi habitual na zona. Tamén por Carnota a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica recibía un recoñecemento en 2012, e hoxe quedamos no concello sureño para coñecer o traballo de O Canto da Balea Sociedade Cooperativa Galega.

Xa os coñecemos das súas campañas de artelixo e reciclaxe, e hoxe temos que parabenizar aos Rita, Lara e Xosé Manuel polo “Premio ao mellor Proxecto Cooperativo 2014", un dos Premios a Cooperación convocados polo Consello Galego de Cooperativas.

”Un premio ben merecido para un equipo cheo de ilusión”, como define o seu veciño liracho, tamén vencellado ao mundo do mar, Milucho Louro.

Trátase dun premio compartido coa Cooperativa de cine e documental, Sociedade Cooperativa Galega, pero esto non resta valor ao gran traballo de dinamización e concienciación medioambiental do mundo mariño no sur da bisbarra.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios