martes. 06.05.2025
El tiempo

Unha homenaxe moi familiar ao sabio do Fieiro

Unha homenaxe moi familiar ao sabio do Fieiro
Pepe do Fieiro co seu libro-Foto-Raquel Castro Rodriguez

“Dicían os nosos vellos…”. Esta é unha das frases que máis utiliza un dos sabios da nosa xeografía. Con el tivemos a sorte de charlar nas Bondades da Fala, e quedáronnos gañas de pasar días ao seu carón, descubrindo historias do Monte Pindo.

Pepe do Fieiro é un deses persoeiros anónimos que engrandecen a nosa cultura, e que fan, dende a sombra, un traballo incomparable en materia de tradición oral.

E houbo quen se quixo lembrar del. Foi o Concello de Dumbría, que nun acto familiar, rendeu homenaxe a este sabio. Alí estiveron a súa filla e netas, Irene e Fani (que estiveron este verán na oficina e subiron á Moa como guías o verán pasado, seguindo o legado do seu avó, e moitos amigos.

A sabedoría nun libro

Pepe do Fieiro asinando o seu libro-Foto-Raquel Castro Rodriguez

O acto xirou arredor do novo libro que vén de publicar o Concello dumbriés, coa axuda de Ada González e a colaboración das rapazas que están na caseta de turismo no verán. Un libro que xa está na rede chamado “Pepe do Fieiro: O neno que soñaba coa montaña”, con algunhas das súas poesías (non coñecíamos esta faceta súa de poeta), as rutas que fixo este verán... Dende logo, todo un detallazo por parte do Concello pola súa axuda como guía espallando a importancia do Olimpo Celta.

Imaxe do libro de Pepe do Fieiro realizado polo Concello de Dumbria

Só queremos extender os nosos parabéns ao bo de Pepe, e aquí vos deixamos co libro para que lle botedes un bo repaso:


Novas relacionadas

Comentarios