113 alumnos de Cee tíranse á piscina en horas lectivas


En marcha a 2ª edición do Programa de Natación na Escola Concello de Cee 2015. Un programa no que participarán os 3 centros de ensino ceenses que contan coa ESO, que son: IES Agra de Raíces, IES Fernando Blanco e o Colexio Manuela Rial Mouzo. Serán un total de 113 alumnos e alumnas os que terán (no horario lectivo) un trimestre adicado, dentro dos contidos da Educación Física, á natación.
Onte tiña lugar a presentación coa participación de Zaira Rodríguez (Alcaldesa de Cee) e Mª Isabel Fernández (Concelleira de Educación, Cultura e Deporte); Carlos Oliete (director de Zona Noeroeste de FerroAtlántica) como principal patrocinador que aporta a metade da financiación do programa; Antonio Yáñez e Alfonso Salgado (o xerente da empresa concesionaria Aquacenit, S.L. e o director da Piscina Municipal de Cee, respectivamente); ademais dos representantes dos centros de ensino, Chelo Trillo (directora do IES Fernando Blanco), Mª del Mar Capelo (secretaria do IES Agra de Raíces) e Isidro Caamaño (director do Manuela Rial Mouzo).
Cómpre destacar o incremento no nº de alumnos e alumnas, pasando dos 70 na primeira edición a 113 nesta 2ª.
Calendario por centros
- 1º trimestre: I.E.S. Fernando Blanco.
- 2º e 3º de E.S.O.: miércoles de 10.20 a 11.20h.
- 4º de E.S.O.: viernes de 11.10 a 12.10h. - 2º trimestre: Colegio Manuela Rial Mouzo.
- 1º E.S.O. “A e B”: viernes de 15.30 a 17:30 h (1 grupo por semana) . - 3º trimestre:: I.E.S. Agra de Raíces.
- 4º E.S.O. “A”: jueves de 12:20 a 13:10h.
- 4º E.S.O. “B”: lunes de 10.15 a 11.10h.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Cee.