Venres. 04.10.2024
El tiempo

12 poemas oceánicos nos 12 faros da Costa da Morte

Xose Iglesias presenta entre a Bretema o libro dos 12 faros da Costa da Morte
12 poemas oceánicos nos 12 faros da Costa da Morte

Ata o Faro Fisterra, nun día de néboa, achegouse o mariñeiro, ilustrador e poeta Xosé Iglesias para presentar a súa nova publicación. Trátase dun álbum ilustrado, un novo poemario, da man da editorial Bululú Libros, que serve de agasallo.

Un libro agasallo que mestura as súas ilustracións dos 12 faros da Costa da Morte con 12 poemas oceánicos, escritas dende o mesmo mar. Ademais cada faro é a súa vez unha postal que se pode enviar por correo.

Así o presentaba onte entre a brétema do Faro Fisterra.

Exposición

O polifacético autor foi convidado ademais a participar no seu segundo encontro de embarcacións tradicionais en Pasaia, no País Vasco. Iglesias irá presentar as súas acuarelas de ”Nación Mar” e as súas esculturas de madeira desas baleas míticas.

Expsicion de Xose Iglesias en Pasaia

Novas relacionadas

Aquí podes ver as Cantigas de Leviatán de Xosé Iglesias

Comentarios