Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O poeta do mar, Xosé Iglesias, gaña un novo premio e publicará o seu segundo poemario

O poeta do mar, Xosé Iglesias, gaña un novo premio e publicará o seu segundo poemario
Xose Iglesias-Foto-Maria Xose Fernandez Lopez Xose Iglesias-Foto-Maria Xose Fernandez Lopez Descubríamolo aló por 2013 lanzando un berro, en verso, pola pesca artesanal dende o seu barco de baixura. E a carreira poética deste mariñeiro ceense, Xosé Iglesias, segue medrando. Vén de gañar op 9ª edición do Premio Victoriano Taibo de Poesía, que entrega o Instituto de Estudos Miñoráns de Gondomar.

O protagonista, o seu poemario titulado A relixión do mar, no que a mar conversa co verso, destacando a fe infinita que ten cada mariñeiro no seu mar. As páxinas salgadas están salpicadas de imaxes e de moita sabedoría mariñeira. "Poesía oceánica escrita directamente entre salitre, escamas, vento, peixes, caixas, aparellos, estrelas, gps, vhf... e moita moita suor e sacrificio", relata el mesmo nas súas activas redes sociais.
Ademais, son varios os poemas adicados á súa tan querida Costa da Morte.

Será este a súa segunda publicación en solitario (sairá a venda en decembro), despois de que a malpicá Caldeirón lle publicase o Transfusión oceánica en 2014.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios