Domingo. 16.02.2020
El tiempo

Xosé Iglesias atraca os seus barcos en Stoupa

Xosé Iglesias atraca os seus barcos en Stoupa

A Galería Stoupa comeza forte o seu período de exposicións no ano 2020. Ata finais de Marzo a grande protagonista será a acuarela e todos os que vaian á tenda e galería ceense poderán gozar das transformacións de barcos moi coñecidos da nosa costa, da man do mariñeiro e pintor Xosé Iglesias. Este sábado día 8 de febreiro inaugurarase a exposición nunha presentación aberta  as 18h .

Xosé Iglesias Lamela (Cee, 1974) é mariñeiro, poeta, fotógrafo e pintor; un home polifacético que a base de traballo, de esforzo e sobre todo, de visión, consegue crear obras impecables. No 2011 fíxose célebre na rede social Youtube ao gravarse mentras tiraba ao mar varias caixas de pescado como protesta contra a marxinación de Galicia nas cotas pesqueiras da UE. A súa vida literaria está marcada polo mar; Transfusión Oceánica, Relixión do Mar foi galardoado co premio Victorian do Mar.

#NaciónMar está composta por 15 cadros de acuarelas de 100x38cm onde se representan diferentes tipos de embarcacións que vanse transformando en baleas, meros, centolas etc. “No ano 2019 ollando nos meus cadernos do instituto  e da Universidade Laboral , todos cheos  de barcos pintados  a lápiz e bolígrafo, escomenzo  a crear un mundo paralelo onde se misturan as imaxes dos os pesqueiros varados nas praias  a espera de pasar inspeccións, navíos míticos da Costa da Morte,  e os  navíos onde traballei, , con ese marabilloso espazo mariño  que se agocha baixo o océan… e ramata decindo: e todo o bo que está a por vir…“ Con estas metamorfoses o autor quere facerlle unha homenaxe as embarcacións e aos seus patróns, que navegaron e navegan pola nosa costa. Cada un dos cadros nos conta unha historia diferente …..

Durante a presentación Iglesias estará acompañado de algúnhs dos patróns dos barcos, e xuntos nos falarán das peripecias, que non son poucas, que foron xurdindo ao longo de estos anos de faena.

Barcos de Xose Iglesias

comentarios