17 Bibliotecas escolares da Costa renovan os seus Clubs de Lectura

06:56 02/01/18

- IES Alfredo Brañas (Carballo)
- IES Isidro Parga Pondal (Carballo)
- IES Monte Neme (Carballo)
- IES Agra Raíces (Cee)
- IES Fernando Blanco (Cee)
- CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco)
- IES Fin do Camiño (Fisterra)
- CPI Plurilingue Cabo da Area (Laxe)
- IES Urbano Lugrís (Malpica)
- CPI da Picota (Mazaricos)
- IES Terra do Xallas (Santa Comba)
- IES Terra de Soneira (Vimianzo)
- CPI de Zas (Zas)
- IES Maximino Romero de Lema (Zas)
Espazos de convivencia e motivación
Os clubs de lectura funcionan como grupos de dinamización a prol da lectura nas comunidades educativas e como ámbitos de aprendizaxe de competencias clave para a vida. Asemade, ao implicar a diferentes membros da comunidade, son espazos para a convivencia e a educación cidadá, ao mesmo tempo que son útiles para incorporar á lectura a mozos e mozas que presentan pouco interese por este hábito. Por outra banda, nestas reunións adoitan introducirse as tecnoloxías da comunicación e a lectura dixital, así como as relacións con outros clubs, con bibliotecas públicas ou con entidades culturais do entorno máis próximo. Plan LÍA 2016-2020 Lembran que segue en marcha o Plan LÍA 2016-2020 de bibliotecas escolares, que contempla como ámbitos de actuación para este período varios desafíos, entre eles o denominado Máis e mellores experiencias lectoras, que recolle entre as súas medidas a continuidade da convocatoria dos clubs de lectura, así como o deseño e posta en marcha de iniciativas destinadas a promover a lectura entre os denominados grupos de risco (adolescentes e varóns, fundamentalmente), así como entre o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.Novas relacionadas
Fonte
-
-
- Xunta.
-