Venres. 26.04.2024
El tiempo

23 propostas para o Nadal de Cee

Nadal en Cee 2022
23 propostas para o Nadal de Cee

Este sábado 3 de decembro, ás 18:00h, Cee tamén acende o seu alumeado de Nadal, nunha cita con música, hinchable para os máis cativos, chocolatada e sorpresas. Será o comezo dun completo programa preparado polo Departamento de Cultura con ata 23 propostas.

O mesmo sábado xa poderemos quedar na Casa da Cultura para ver, a partir das 20.30 horas un espectáculo de luxo: a función teatral con Carlos Blanco e Oswaldo Digón.

Unha das grandes protagonistas deste tempo de Nadal será a música con diferentes estilos desde o exitoso musical dos 80 e 90 do día 7 de decembro, pasando polas clásicas panxoliñas do día 10, o jazz do día 17, a música tradicional popular do día 30, o musical Toy Story do día 17, ou os ritmos actuais da man da Mega CDC na festa fin de ano.

Programa

Papa Noel e Reis

Dúas son as grandes citas familiares do Nadal: as visitas de Papá Nöel (noiteboa) e das SS.MM. Reis Magos (5 xaneiro). Nos dous casos, visitarán as parroquias pola mañá, estando en Cee pola tarde para a tradicional recepción nun ambiente festivo e de ilusión para todos.

Exposicións

Ademais, ata o 15 de decembro estará aberta a exposición de pintura “Encontro a tres”, a cargo dos artistas Isabel Soutullo, Josecho González e Maribel Castiñeira (XMÑ).
E do 17 ao 20 de decembro teremos “Ate o fin: O Camiño de Santiago a Muxía e Fisterra”. Unha ollada actual para a posta en valor deste Camiño no que Cee xoga un papel fundamental como capital de servizos.

  • Sábado 3. Praza do 8 de marzo, desde as 17.00 horas. E ás 20.30 horas: “Quen dixo medo?”, con Carlos Blanco e Oswaldo Digón.
  • Mércores 7. Musical dos 80 e 90 na Casa da Cultura: 21.00 horas e 23.00 horas (entradas á venta en Woutick!es e na Biblioteca Municipal. AGOTADAS as do pase das 21.00 horas).
  • Sábado na 10 Biblioteca, ás18.30 horas: Presentación do libro de Alba Vieites: “Quiero ir al cole”.
  • Sábado 10 no Auditorio ás 20.00 horas: Certame de Panxoliñas coa Coral Polifónica San Roque de Vigo, o Orfeón Xan Montes de Lugo e a Coral Polifónica da Costa da Morte.
  • Domingo 11 no Auditorio ás 18.00 horas: II Festival Solidario contra o cancro (entrada 5 €) Coa participación de: Arte e Movemento, Breogán de Brens, Charanga Os Nosos, Coro do Centro Social, Lucía García, Mestura Folk, Pedras Miúdas e Peta Forte.
  • Sábado 17 no Auditorio ás 20.00 horas: Concerto de jazz con La Habitación de la Música.
  • Domingo 18 no Auditorio ás 17.00 horas e 19.00 horas: “Toy Story. El Musical”. AGOTADAS as do pase das 17.00 horas)
  • Martes 20 no Auditorio ás 19.00 horas: Festival de Nadal a cargo do alumnado da Escola de Música de Cee.
  • Venres 23 na Praza do 8 de marzo: (Pases ás 12.00, 13.00, 17.00, 18.00 e 19.00 horas) MAGO ANTÓN: “mil maxias máis”.
  • Sábado 24. Noiteboa: Visita de Papá Noel: Gures (campo da festa): 11.00 h. Ameixenda (campo da festa): 11.15 h. Brens (escolas): 11.30 h. Camiños Chans (pista polideportiva): 11.40 h. Toba de Abaixo (Bar Toba): 11.55 h. Estorde (praza de Dona Julia): 12.05 h. (zona aparcamento camping): 12.10 h. Lobelos (Bar Villaverde): 12.20 h. Morancelle (almacéns Fandiño): 12.25 h. Vilanova:12.30 h. Codesos: 12.35 h. Pereiriña (escola): 12.40 h. Pereira (capela San José): 12.50 h. Porcar: 12.55 h. Lires (praza): 13.05 h. Canosa: 13.15 h. Tedín: 13.20 h. Ruibo:13.25 h. Cabaleriza: 13.30 h. Sembra: 13.35 h. Vilar de Toba (zona aparcamento supermercados estrada A Coruña): 13.40 h. Xallas: 13.50 h. Lagarteira: 13.55 h. Escabanas: 14.00 h.
    Pola tarde, na Praza 8 de marzo (Pavillón Polideportivo en caso de choiva), de 16.30 a 19.30 horas: Recepción de Papá Noël nunha tarde festiva con inchables, música, globoflexia e neve.
  • Do luns 26 ó venres 30: Salón de actos do Concello, 16.30 a 19.30 horas Obradoiros de nadal Artelúdico con pintacaras ou tatuaxes, xogos e outras sorpresas. Os obradoiros están destinados ós nenos e nenas entre os 4 e os 12 anos. Inscrición: na Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán”.
  • Luns 26: Obradoiro de árbore de Nadal e chaveiros.
  • Martes 27: Obradoiro de monecos de Nadal en cartulina e goma eva Mércores 28: Obradoiro de marcapáxinas navideños.
  • Xoves 29: Obradoiro de centro navideño con polas e follas naturais Venres 30: Obradoiro de arranxos navideños con barro.
  • Venres 30 no Auditorio ás 20.30 horas: Concerto Fin de Ano coa Banda de Música de Cee.
  • Sábado 31 e Domingo 1. Noite de Fin de Ano na Rúa Lino Rodríguez Madero. A partir das 23.30 horas comenzará a festa coa transmisión das tradicionais badaladas, a cargo de Melany, para despedir o Ano Vello. Logo, a comezar o 2023 bailando coa DISCO MÓVIL MEGA CDC.
  • Martes 3 e mércores 4 de xaneiro na Praza 8 de marzo (Pavillón Polideportivo en caso de choiva), de 16.30 a 19.30 horas: Festa de animación infantil.
  • Xoves 5: Visita dos Reis Magos: Pola mañá visitarán as diferentes parroquias cos seguintes horarios de paso aproximados: Gures (campo da festa): 10.45 h. Ameixenda (campo da festa): 11.00 h. Brens (escolas): 11.15 h. Camiños Chans (pista polideportiva): 11.30 h. Gardería Muncipal: 11.35. Toba de Abaixo (Bar Toba): 11.55 h. Estorde (praza de Dona Julia): 12.05 h. (zona aparcamento camping): 12.10 h. Lobelos (Bar Villaverde): 12.20 h. Morancelle (almacéns Fandiño): 12.25 h. Vilanova:12.30 h. Codesos: 12.35 h. Pereiriña (escola): 12.40 h. Pereira (capela San José): 12.50 h. Porcar: 12.55 h. Lires (praza): 13.05 h. Canosa: 13.15 h. Tedín: 13.20 h. Ruibo:13.25 h. Cabaleriza: 13.30 h. Sembra: 13.35 h. Vilar de Toba (zona aparcamento supermercados estrada A Coruña): 13.40 h. Xallas: 13.50 h. Lagarteira: 13.55 h. Escabanas: 14.00 h.
    Pola tarde, a partir das 17.00 horas terá lugar á recepción real no Museo Fernando Blanco. Despois da mesma, en torno ás 19.00 horas aproximadamente, os fogos de artificio anunciarán o comenzo da tradicional Cabalgata, que percorrerá as rúas Domingo Antonio de Andrade, Praza das Palmeras, Avenida Fernando Blanco, Avenida Fisterra, Rúa Pontevedra, Estatuto de Autonomía, Rúa Independencia, Avenida Lino Rodriguez Madero, Praza Ketty Quintana, Estatuto de Autonomía, Rúa Europa e Praza da Constitución.
  •  ,

    Outras propostas do Nadal

Comentarios