3.000 fogares de Cee terán fibra óptica a partir de decembro


O pasado luns a empresa de telecomunicacións R comezou as obras de canalización do cableado de fibra óptica. As obras prolongaranse durante o que resta de ano e os dous primeiros meses do ano 2013. Pero está previsto que os habitantes de Cee poidan recibir a partir de decembro deste mesmo ano os servizos avanzados de telecomunicacións de R: teléfono, internet de alta velocidad e televisión dixital multicanle.
Así, prevese que máis de 3.000 fogares e empresas de Cee poidan dispoñer de velocidades de acceso á rede de 30 e de ata 100 megas en novembro de 2013.
Se outras zonas como Malpica, Ponteceso ou Vimianzo xa disfrutan deste servizo, Concellos como os de Corcubión e Fisterra terán que agardar ata xuño de 2013.
As obras
Os traballos comezaron nos Camiños Chans, e nunha primeira fase discurrirán pola Avenida Fernando Blanco cara ao centro da vila.
Xa están en marcha os traballos de obra civil, que suporán a extensión de máis de 6 quilómetros de canalización e o despregamento de preto de 3,4 quilómetros de fibra óptica.
O investimento total previsto polo operador galego en Cee para dotar aos seus habitantes destes servizos ascende a 3,63 millóns de euros.
O tenente de alcalde, Daniel Oca, e o titular do Departamento de Obras, Santos Díaz Graíño, mantiveron unha reunión cos responsables de obra civil da empresa R e co encargado da contrata que vai a realizar os traballos, para coordinar as actuacións e causar os menores prexuizos posibles aos cidadáns.
Novas relacionadas
Artigos relacionados
- Ciencia e Tecnoloxía con Mario Rodríguez: Pechan Megaupload. Que está acontecendo?.
- Ciencia e Tecnoloxía con Mario Rodríguez: A “Lei Sinde” ou de “como intentar defender á industria dende o Ministerio de Cultura”.
- Ciencia e Tecnoloxía con Mario Rodríguez: Facebook, Privacidade e Consellos.
- Ciencia e Tecnoloxía con Mario Rodríguez: A privacidade nas redes sociais.
- Ciencia e Tecnoloxía con Mario Rodríguez: Telefónica, esa empresa….
Fonte
- Concello de Cee.