3 bares expoñen os calcetíns soltos de Andrés Lópz
Xa leva aberta uns días, e xa podedes ver a obra do artista de Corcubión afincado en Madrid en 3 bares da volta. O Pub Dados e a Gavilla en Corcubión, e mais o Woodstock Bar de Cee acollen as obras de AndrésLópz, do que podedes ademais mercar algunha das súas galegas obras.
El mesmo defínese: “En conxunto os meus traballos son como un caixón de calcetíns nos que hai parellas pero tamén viven “os desemparellados”, aos que a lavadora deixou solteir@s. Así son as miñas propostas, algunhas están en grupos ou series seguindo unha temática e outras están solitarias no fondo do caixón. “O caixón dos calcetíns” foi o título da miña primeira exposición individual o pasado verán na Capela do Pilar en Corcubión, que desde outubro de 2012 é un espazo cultural activado pola Universidade Cromática”.
Nesta ocasión, a exposición de Rural Glitch e Rural Pop, que pode visitarse desde o 8 de Agosto en Woodstock bar en Cee, a Gavilla e o DADOS en Corcubión, é “unha proposta que se basea na idea da posible conservación da herdanza mediante a interpretación da mesma. Como icono diso combino a estética glitch, os erros digitales, co fotomontaje de escenas da vida rural, creando imaxes que simbolizan unha ruína en proceso de desaparición perpetua”.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).