Venres. 20.09.2024
El tiempo

4.600 km rachando o vento

4.600 km rachando o vento
Julio Lopez fixo 4600km na sua moto

4.600 km en moto en dúas semanas non os fai calquera. E viaxando só, aínda menos. Pero na Costa da Morte temos moitos bravos, e queremos coñecer como foi a experiencia dun deles. Falamos de Julio López, responsable da Estación de Servizo Bazarra, e membro da Peña Moteira “Rachando o vento.

Arrincaba dende Cee, e xa antes de chegar a Vimianzo tiña que facer parada por mor da tormenta. Afortunadamente non sufríu demasiado as inclemencias meteorolóxicas, e ata puido bañarse polo Levante. De feito “só choveu o primeiro día, pero como son teimudo, en vez de dar a volta fun cara adiante e tiven sorte, porque non volveu chover nin un día máis… Bueno, ata que cheguei aparquei, que caeu de todo”, cóntanos.

”A verdade é que todo saíu perfecto” dinos para facernos morrer de envexa…

Julio tivo que parar nada mais sair pola chuvia pero seguiu adiante
  • Julio, como che deu por arrincar ca moto… e só?

Pois a verdade é que levaba tempo sen vacacións, pois estivemos cas obras de renovación da cafetería. E quería ir ver as casas as casas dunhas xefas en Madrid e Marbella, así que arrinquei, e polo medio fun facendo zigzag visitando amizades. De feito, non ceei só nin unha soa noite, sempre coincindo con amigos e coñecidos, coñecendo da súa man os sitios máis auténticos de cada zona.

E o da moto é unha paixón que teño. As viaxes en avión sempre vas por un lado, en coche por outro, pero as viaxes en moto son distintos, vas disfrutando de todo, os olores, as paisaxes… ao ir por estradas comarcais e nacionais, cada vila española, o seu clima, co seu color diferente no outono, que se terras roxas, que se forraxes, xirasoles, terras traballadas ou sen traballar… Unha pasada.

Julio cun amigo de viaxe
  • Cal foi o percorrido?

Pois arrinquei de Cee cara León. Despois fixen parada en Alcañices, un pobo de Zamora preto de Portugal, e estiven cun colega de “rodríguez”. De aí cara Herrera del Duque, en Badajoz, e crucei a Serra de Gredos, unha experiencia impresionante. Logo tocou cun amigo do Camiño pasear en Ciudad Real, cruzar tamén as Tablas de Daimiel..

De aí a Marbella cruzando por Despeñaperros, unha pasada esa estrada. Tocoume Marbella na metade do camiño e puidemos disfrutar da noite marbellí, pero tamén da moteira estrada Marbella-Ronda, eso si, cun calor tremendo…
Cartajena, Castellón de parranda, e xa comezaba a volta cara de aí a Madrid, de rollete cultural, museos… Visitei Logroño, chegando dende Soria nunha e as estradas de Castilla son estupendas. E de aí a León, xa cun par de amigos da zona, e volvimos facendo o Camiño de Santiago, tamén unha pasada, e tamén fumos ao Barco de Valdeorras, Santiago de concerteo e volta a Cee.


  • Que lugares te sorprenderon máis?

Pois a verdade é quue me quedo co disfrute de varias varias estradas pequenas. Por exemplo, o ter cruzado Despeñaperros, ou a Serra de Gredos, son experiencias fantástica. E tamén a estrada Marbella-Ronda, ca vila de Ronda, unha das máis fermosas de toda España. Ah, e a entrada de Logroño por Soria, como vemos nesta foto de Panzares.

A moto de Julio Lopez en Pazares
  • Algunha anécdota?

Pois si que teño unha como anécdota moteira. Xa que despois de facer 4000km só, vou comer cun amigo en Corcubión, baixo e me encontro cun grupo de moteiros. Poño a falarme e resulta que me coñecen porque son directivos madrileños de Repsol. Pensaba acabar a miña parte moteira, e me atopo a un grupo de moteiros… Así son as dúas rodas.

A verdade é que me encanta como é o mundo da moto. Cruceime con centos delas, a meirande parte sempre en grupo, e con moitos parando e falando con todo o mundo, xentes de Barcelona, Córdoba… E con todos, facendo o saúdo da moto, levantando os dous dedos da man esquerda para demostrar o respecto ás dúas rodas.

Julio cun grupo de directivos de Repsol a chegada en Corcubion
  • Que te traes, pois, de volta para a Costa da Morte? Que experiencias poderíanse aproveitar aquí?

Case che digo o que non traería, pois despois de todo o que vin, penso que o mellor é manter o que temos, a nosa esencia como vilas, como zona virxe e coidala. Non vin ningunha praia como a nosa e vin moitas, pero como as nosas ningunha.

Houbo zonas que me gustaron. Encantoume por exemplo vilas históricas e auténticas como Herrera del Duque, a parte antiga de Marbella o cuidada que está. Pero non me gustaron nada as impersoais Puerto Banús ou Benidorm, con rañaceos a pé de praia, casas construídas mesmo enriba do mar e ata montes patrocinados…

Espero que non cheguemos nunca a eses niveis de aberrración como Benidorm. Que ese futuro económico non chegue a Costa da Morte. Prefiro o “pueblo” que segue sendo “pueblo”. Ver milleiros de casas pechadas é terrible e o digo porque aquí temos algún exemplo. As vilas teñen que ter máis xente que casas, non ao revés. Eu quero xente, non casas, e todo o ano. O que hai que facer é hoteles, campings, albergues… non casas, porque así sae á rúa.

Ah, e outra cousa que me chamou a atención negativamente foron os aberrantes campos de golf, que teñen un impacto brutal sobre o terreo e son só beneficiarias para 3 ou 4.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios