400 persoas saen á rúa en Cee para esixir a blindaxe do Sistema Público de Pensións

15:08 15/03/18


Máis cifras
Dende a CIG lembran que preto dun 60% das pensións galegas están por baixo do salario mínimo, focalizando no caso galego, onde as pensións están máis de 15 puntos por baixo da pensión media do Estado español. Lembran ademais que “1 de cada 4 mulleres maiores de 65 anos estea baixo a liña da pobreza. Ademais, o drama poboacional non fai máis que empeoar a situación, facéndonos a practicamente toda a poboación vindeiros herdeiros desta grave situación. Todo isto vense acrecentado polas palabras do presidente no Parlamento. Á CIG parécelle “idecente“ que o Presidente do Goberno do estado español afirmara que durante os seus anos de mandato non houbo recortes nesta materia; que ligara calquera mellora a que lle aproben os Orzamentos Xerais do Estado e que manteña inamovíbeis as sucesivas reformas, nomeadamente as impostas en 2011 e 2013.Alternativas
Por iso a CIG entende que “calquera solución pasa, en todo caso, pola derrogación das reformas laborais, da negociación colectiva e das pensións de 2011 e 2013; rematar coas tarifas planas e bonificacións das cotizacións á seguridade social e articular medidas que garantan, de verdade, a viabilidade do sistema público de pensións”.
Novas relacionadas
- Marzo 18: A tráxica previsión demográfica para a Galicia do 2031.
- Xaneiro 17: A CIG pon un autobús dende Cee para asistir á manifestación en defensa das pensións.
- Xuño 2016: Análise das pensións na Costa da Morte-Galicia: As pensións de Corcubión son as máis altas da Costa da Morte:
- Novembro 2013: Cee analizou o drama das pensións.
- Outubro 2013: Os emigrantes retornados tamén se manifestan nas rúas de Cee.
Fonte
- CIG.