Unha tarde deportiva por solidariedade

Este ano estamos encantados de dar conta das fantásticas iniciativas escolares que se están a desenvolver nos centros de ensino da bisbarra. A Olimpiada do Saber do Fernando Blanco; o maratón de Sangue do Fin do Camiño… os institutos estanse convertindo en verdadeiros puntos de creación. E así o comprobamos este pasado sábado en Corcubión, onde a familia do IES Agra Raíces armou un Trai-Andaina para todos os públicos, no marco do seu programa Agra Solidario.

E viviron unha experiencia “marabillosa” toda a familia ceense, gracias á acollida a dos deportistas que se achegaron na soleada tarde de sábado a Corcubión para desfrutar do Mini Trail Solidario. Había algo máis de 200 inscritos e 30 casas colaboradoras sen os que este proxecto non se podería levar a cabo, polo que a organización do Agra Solidario agradece grandemente a participación dos deportistas, dos concellos e das casas colaboradoras .

Entregáronse sobre 170 dorsais recaudándose sobre 800€, que igualmente ca noutras ocasións serán entregados ós servizos sociais dos concellos colaboradores.

E houbo tempo para todoso. A primeira proba deportiva era a Andaina na que participaron sobre 70 persoas, non sendo esta competitiva. Unha fermosa camiñada polo entorno do Faro para disfrutar da natureza facendo unha boa acción.

A seguinte proba, na que participaron 70 persoas e que sí era competitiva era a do Trail de 7500m onde o gañador foi Luis Calvo Castro, natural de Negreira, que realizou a proba en 29´45” seguido por Kiko Lado Santiago cunha duración de 31´45” e de Arturo Pasantes, 32´05”, ámbolos dous naturais de Brens.

Os máis pequenos tamén fixeron os seus pinitos co deporte, e pasárono en grande no Novo Cubaleiro, onde Protección Civil e toda a organización tiñan o campamento base.

Haberá que repetir logo desta máis que satisfactoria e exitosa a acollida do I Mini Trail Solidario.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Información e fotos cedidas polo IES Agra Raíces.