Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha trasna, a única española en completar o Ultratrail de Alaska

Unha trasna, a única española en completar o Ultratrail de Alaska
Susana no Idritarod Susana Gomez Castineira acabou o Iditarod de Alaska BOA

Impresionante. Estivemos con ela durante a saída desta inmensa aventura, lembrando as súas trasnadas pola Costa. E hoxe voltamos ata Alaska, para recoñecer o traballo desta brava ceense.

Susana Gomez Castineira acabou o Iditarod de Alaska

Susana Gomez Castiñeira, ceense afincada en Lanzarote, acabou fai unhas horas o Iditaroid Ultra Invitational de Alaska, unha das carreiras máis duras do planeta, convertíndose ademais na única española en completalo.

Percorreu nada menos que 350 millas (case 600km) en 8 días, 21 horas e 14 minutos, superando temperaturas de -40º e, nalgúns casos, fortes ventiscas. “Asombrosa, apaixoante e difícil”, son os primeiros adxectivos que se lle ocorren a Susana, despois de completar este soño. Susana conta que foi unha experiencia en clave de aventura, pero sen ánimo competitivo.

Un soño conseguido de xeito completamente autosuficiente, sen necesidade de asistencias, cargando e arrastrando durante toda a viaxe dos 40 kg da súa “pulka”, cargada con todo o necesario para subsistir. Unha bolsa que non quixo deixar polo camiño, para non deixar a súa pegada nas virxes e brancas estepas xeadas.

E non, non é unha “inconsciente” a brava de Susana, que prantexaba o reto con algo de medo de ter que abandonar. Tivo que sufrir, iso si, momentos como candon non atopou un checkpoint, ou as consecuencias do frío, rematando coas mans completamente conxeladas.

Xa demostrou todo o que vale, e mesmo contou que lembrou moitas veces a súa casa ceense e a súa terra costeira, como o son das campás da Igrexa de Toba. Así que este verán, esperamos recibila cos brazos abertos!

En todo caso, estaremos atentos ao seu blog, Lailusionmuevemispiernas.com, para ver que conta!!

Susana Gomez Castineira acabou o Iditarod de Alaska da as gracias

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios