#8M: As mulleres de Cee teñen moito que contar

A programación cultural do mes de marzo do Concello de Cee trae diferentes alternativas con gran protagonismo para a muller e para as artes escénicas.
Este sábado 4 de marzo inaugúrase ás 18:30h na Casa da Cultura a nova exposición, “Trece luces na nosa costa”, de Antonio Fernández. O carballés trae esta exposición realizada en colaboración coa Asociación Ponteceso Cultura Permanente, que presenta as paisaxes mariñas dun xeito especial.
O Auditorio da Casa de Cultura acollerá, dentro dos actos enmarcados na celebración do Día da Muller (8 de marzo), dúas actividades. Ás 19.30 horas terá lugar a proxección do documental “Mulleres de Cee”, realizado pola empresa Red Talento Consultoras e que ten como protagonistas a Merche Lago, Rocío Pazos, Ainhoa Conde, Antía Muiño e Rocío Leira.
E para rematar esta intensa tarde de sábado, ás 20.30 horas, terá lugar o concerto a dúo de piano e voz, “Con nome de muller”. Unha homenaxe a todas as mulleres, empregando para elo un repertorio que está basado en cancións en inglés e en español con nome de muller.
Novas do 8M
- Carnota: 8M: As mulleres de Sonlilá homenaxean a Marupe cunha cadea de mulleres.
- #8M: Buserana conversa sobre a vida real das mulleres
- 8M Carballo: "Na nosa contorna máis inmediata hai mulleres que son referentes nas súas profesións” (entradas esgotadas)
- 01-02-2023: Carnota chora o pasamento de Marupe.
- 8M 2022: Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres.