A Asociación Por un Pediatra para Cee e Corcubión artella unha nova charla informativa


Conseguiron o seu obxectivo, pero non paran. As nais e pais de Cee, despois de crear a asociación APCC (Por un Pediatra para Cee e Corcubión) seguen traballando para mellorar un servizo tan necesario, e están prearando unha charla de educación para a saúde, que será impartida pola Pediatra Ana Lamas (pediatra do C.S de Cee). Dita charla será o próximo 28 de xullo ás 12 hs na Sala de Xuntas do Centro de Saúde de Cee.
Na charla de educación para a saúde, impartida pola Dra. Ana Lamas, á que agradecen a súa colaboración, trataranse os seguintes temas: febre, infeccións respiratorias, gastroenterite…
Para poder asistir será imprescindible apuntarse previamente na recepción de devandito Centro de saúde. O aforo será como máximo de 35 persoas, pero si a demanda fose superior a esa cifra, organizarase unha nova charla máis adiante.
Novas relacionadas
- 04-09-15: Por un segundo pediatra para Cee e Corcubión.
- 04-06-14: Pais e nais de Cee e Corcubión protestan polo retraso na incorporación do pediatra.
- 07-04-14: 1000 firmas por un servizo de pediatría decente para Cee e Corcubión.
- 26-03-14: Cee saíu unha vez máis á rúa a berrar pola Sanidade Pública.
- 24-03-14: O problema de pediatría de Cee chegará ao Pleno.
- 19-03-14: 1.500 nenos sen pediatra en Cee e Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).