![]()
No marco da
programación polas Letras Galegas de Cee, a
Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán", sita no 3º andar da Casa da Cultura de Cee, acolle ata o 31 de maio unha
mostra sobre a figura, vida e obra de
María Victoria Moreno Márquez, escritora á que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o
Día das Letras Galegas de 2018.
Dez carteis informativos editados pola Secretaria Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia e 25 libros do fondo bibliográfico da Biblioteca Municipal do Concello de Cee, integran esta exposición na que se pretende amosar a vida e o legado cultural que deixou como escritora María Victoria Moreno.
O responsable da área, José Ramón Senra Rey, invita a todos a coñecer un pouco máis á protagonista deste 17 de maio.
https://quepasanacosta.gal/laxe-camarinas-e-cee-enchense-de-actividade-coa-celebracion-das-letras-galegas/
https://quepasanacosta.gal/o-maio-da-galeria-mulleres-para-conecer-a-maria-victoria-moreno-a-protagonista-das-letras-galegas/