Martes. 16.04.2024
El tiempo

A casa da Cultura de Cee acolle a mostra "En familia, por dereito" da Cruz Vermella

A casa da Cultura de Cee acolle a mostra "En familia, por dereito" da Cruz Vermella
Despois de pasar por cinco localidades diferentes da provincia coruñesa, chega á casa da Cultura de Cee a mostra da Cruz Vermella baixo o título "En familia, por dereito". A través da testemuña de familias que están a acoller a menoresemporalmente e de persoas que no seu día foron nenos e nenas en acollida, a exposición pretende difundir o acollemento familiar e amosar como beneficia as familias e aos menores que participan no programa. Actualmente, na zona de Cee e Fisterra hai seis menores que participan no programa: dous están con familias da zona, dous en familias do resto da provincia debido á dificultade de conseguir familias idóneas na súa propio contorna, e outros dous están á espera dunha familia acolledora. “É fundamental que a rede de familias sexa o máis ampla e diversa posible e que haxa familias en todos os puntos do territorio, e así garantir que os e as menores acollidos permanecen na súa contorna máis próxima”, sinalou a presidenta de Cruz Vermella na provincia da Coruña - Mercedes Casanova - durante a inauguración da mostra. Pola súa banda, o alcalde de Cee, Ramón Vigo, destacou que “unha vez máis son as organizacións non gubernamentais as que contribúen a paliar diferentes problemáticas de natureza social que afectan á cidadanía” e animou ás familias do concello a colaborar co programa. Este programa desenvólvese en Galicia desde fai 20 anos, depende dos Servizos de Protección de Menores da Xunta deGalicia e a súa xestión a realiza dende os seus inicios Cruz Vermella. Todas as persoas interesadas en participar ou ter máis información poden contactar co equipo de familias acolledoras de Cruz Vermella no teléfono gratuíto 900 812 880. Así mesmo, na exposición que permanecera aberta ata o vindeiro 26 de setembro na casa da Cultura de Cee, os veciños e veciñas poden coñecer que é o acollemento da man dos seus protagonistas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios