xoves. 08.05.2025
El tiempo

A casa da Cultura de Cee acolle unha mostra sobre a muller

A casa da Cultura de Cee acolle unha mostra sobre a muller
Con motivo do día contra a violencia de xénero, que terá lugar o 25 de novembro, son varios os concellos da Costa da Morte os que están organizados varias actividades de concienciación. Unha delas é a exposición fotográfica que se inaugura hoxe (ás 17 horas) na casa da Cultura de Cee e na que o seu autor - Senén Insua - explora e afonda na situación das mulleres nun marco social definido polo patriarcado e que leva por título FEMME. Senén Insua Redonda, naceu en Corcubión no 1987. É graduado en Ciencias Políticas e da Administración pola USC. Durante a súa época de estudante comezou a súa afección pola fotografía que chegou a convertela na súa profesión.  

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Cee

Comentarios