Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os Axentes Ambientais comarcais achegan á cativada das unitarias de Cee ao "noso monte"

Dia da Arbore en Brens e Pereirina 1
Os Axentes Ambientais comarcais achegan á cativada das unitarias de Cee ao "noso monte"

O pequeno colexio de Brens (CEIP de Brens) e a Escola de Educación Infantil da Pereiriña (EEI da Pereiriña), coñecidas como as unitarias de Cee, celebraron onte o Día da Árbore (e o Día Internacional dos Bosques). Fixérono, como non podía ser doutro xeito, cunha saída educativa ao monte comunal da veciña parroquia ceense da Ameixenda.

A visita foi organizada conxuntamente cos Axentes Ambientais comarcais (Técnicos e Bombeiros Forestais) da Xunta de Galicia como parte do proxecto "O noso monte", que xa traballaron no Entroido.

A celebración consistiu en varias actividades, sendo a central a plantación de varios bidueiros na zona de Banle. Tamén mantiveron unha charla formativa cos axentes sobre a misión do seu traballo, a roupa de traballo e ferramentas que utilizan (motobomba incluída), sobre fauna e flora do lugar e como o debemos coidar.

A cativada colocou tamén dúas caixas/niños para os paxariños e levaron para casa unha landra cada un co compromiso de coidala ata convertila nun carballo...

Como punto final os axentes entregáronnos a tod@s medallas de madeira en recoñecemento á súa labor de "pequenos Axentes Ambientais" e o compromiso co coidado da Natureza.

Dia da Arbore en Brens e Pereirina

Máis novas

 

Comentarios