A ceense Rocío Leira tamén estrea novo libro de literatura infantil


É matematica e formadora de profesión. Pero no seu tempo libre, despois de arrasar en ducias de certames literarios de todo o país, a ceense Rocío Leira adícase a escribir. Vén de publicar un novo libro infantil “O becho que quería comer á avoa”, editado por Galaxia.
É a súa primeira achega ao mundo infantil, acompañado de ilustracións de Cristina Nogales, e achega aos nenos a posibles problemas como a convivencia cunha enfermidade na familia. A relación entre unha avoa e unha neta é protagonista. Con humor e tenrura, a pequena Sara conquistará o corazón d@ pequen@ lector, pero tamén do adulto que o axude.
Da súa obra poderíamos destacar “Universo Pitágoras”, publicado hai tres anos por Biblos, mesturando as súas paixóns: as mates e a literatura.
Novas relacionadas
- Modesto Fraga publica os seus 20 anos de poemas á mar.
- Suso Lista publica o seu segundo libro, Xeixos, con sabor ao mar salgado de Corme.
- Modesto Fraga presenta o seu novo libro cheo de Fisterranía.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- Modesto Fraga, Rocío Leira e Lola Canosa, expoñentes da homenaxe poética aos Faros da Costa da Morte.