A CIG explica en Cee a súa proposta para a folga xeral do 29 de marzo

08:05 02/03/12

A Unión Local da CIG en Cee ten convocada para o venres, 2 de marzo, ás 19:30 horas, no Salón de Actos do Concello ceense, unha asemblea aberta a toda a cidadanía para explicar "as gravísimas consecuencias da reforma laboral aprobada polo Goberno do PP".
Así mesmo, informarase da campaña que a central sindical está a desenvolver de cara ás mobilizacións do 10 de marzo -Día da Clase Obreira Galega- e como preparatoria da xornada de Folga Xeral do vindeiro 29 de marzo.
A asemblea celebrarase ás 19:30 horas no Salón de Actos do Concello de Cee, e contará coa participación do Secretario Comarcal da CIG da Coruña, Paulo Carril.
Novas relacionadas
- “Xerencia escoita, limpeza está en loita”.
- PP e CIG atacan ao goberno municipal de Corcubión.
- A Costa seguíu levemente a folga do 29S.
Fonte
- Nota de prensa da CIG.