Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa móntase na moda dos Gin Tonics

A Costa móntase na moda dos Gin Tonics

O Resturante Praia de Quenxe acollía esta semana un novedoso curso de Gin Tonic, impartido pola empresa Da vinci Formación. Unha ducia de hostaleiros de Cee, Vimianzo, Fisterra Laxe, e Corcubión se achegaron a Quenxe para botar boa nota da última moda.

I é que España xa é o país que máis consume gin tonic por cabeza do planeta, superando mesmo ao berce da xenebra, Inglaterra. A moda segue crecendo, e xa non é anormal ollar esas copazas redondas, en líquido trasparente en con toques de cor e aroma, en forma de froitas, hortalizas ou prantas e botánicos como o cardamomo, a canela e o cilantro que permiten infinidade de variacións dentro do gin-tonic.

Foi Diego Mosquera, vicepresidente da Asociación Galega de Barmans, o encargado de impartir o curso. Foron dous días, nos que os hostaleiros coñeceron a historia, a legalidade e as diferentes variantes de xenebras, e de tónicas. De feito, o último xa é, ao chegarmos á barra, escollelo xenebra, tónica e aromáticos para crear un gin tonic ao noso gusto.

De feito, esta era unha das razóns polas cales os hostaleiros participaron no curso. I é que moitas veces os clientes piden algo especial, ou simplemente buscan aquel toque a froita, ou máis suave, ou ese aroma...

Establecimentos participantes

Se ben puideron ser algún máis, foron unha ducia de establecimentos os que se apuntaron a aprender a servir un bo gin tonic. Estes foron o organizador Hotel-Restaurante Praia de Quenxe, o Tira do Cordel, o Boulevar, O Fragon, O Recreo da Costa da Morte, Restaurante A Pastoriza, Restaurante O Centolo, Casa Sabina, A Ventana, Arponeda, Escarabello e o Hotel Langosteira.

Vindeira cita, en Santa Comba

E sen descanso xa están traballando para o vindeiro curso, que será os días martes 27 e mércores 28 de setembro en Santa Comba.

Máis información e inscrición

Poden solicitar máis información e inscribirse a través do Facebook de Davinci Formación, ou chamando ao 678.737.515 (Iria Alejos).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios