A Cruz Vermella instalarase nos baixos do Concello de Cee polos vindeiros 20 anos

05:43 14/03/18

A Cruz Vermella vén de asinar un convenio co Concello de Cee para a concesión do uso privativo da plata baixa da Casa do Concello de Cee por un período de 20 anos máis 5 prorrogables. O espazo que ocupaba ata hai pouco o esquecido Correos, agora queda en mans desta comprometida entidade.
A Cruz Vermella levará a cabo funcións auxiliares do Concello de Cee para "facer máis doada a vida das personas", en palabras de Mercedes Casanova, a presidenta provincial da entidade.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).