A deputada nacionalista Ánxela Franco quixo coñecer de preto as actividades e as demandas de Aspadex
07:44 11/06/18
Aspadex ante a visita da deputada Anxela Franco
Acompabada polo concelleiro do BNG e Cee, Serxio Domínguez, a deputada nacionalista Ánxela Franco quixo coñecer de primeira man a familia Aspadex. O pasado venres visitaron as instalacións de Vilar de Toba para coñecer de primeira man as actividades e poder atender así a ás demandas deste centro que traballa para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual da comarca, e que conta con usuarios de Fisterra, Corcubión, Cee, Carnota, Mazaricos, Muxía, Dumbría, Vimianzo, Camariñas, Zas e Muros.
Un centro que conta apoio da Deputación da Coruña a través de varias liñas de axudas, de aí que a visita tamén fose para comprobar a mellora nos accesos ás instalacións que se desenvolveu o pasado ano cunha axuda da Deputación da Coruña de 26.000 euros a través da liña de subvencións a entidades de servizos sociais.
A deputada Ánxela Franco e o concelleiro Serxio Domínguez destacaron o “importantísimo traballo que desenvolve a entidade que ten unhas 65 persoas no centro ocupacional e atende a outras 80 no programa de respiro familiar” sinalaron.
Quixeron destacar o traballo de ASPADEX á hora de facilitar a inclusión social e promover unhas relacións interpersoais satisfactorias ademais de dar os apoios necesarios para a autodeterminación, promovendo a defensa dos dereitos das persoas condiscapacidade intelectual”.