mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Escola de Música de Cee celebra o seu festival de fin de curso cos seus 225 alumnos

A Escola de Música de Cee celebra o seu festival de fin de curso cos seus 225 alumnos

Este mércores 22 de xuño ás 19:30h, o Salón de actos do Concello de Cee, acolle o tradicional festival fin de curso da Escola Municipal de Música de Cee. E coma sempre, de seguro que non caberá nin un alfinete.

Neste curso académico 2010/2011 estiveron matriculados na Escola de Música 225 alumnos nas distintas especialidades instrumentais e materias teóricas que se imparten: Acordeón, Clarinete, frauta, gaita, guitarra, piano, percusión, saxofón, trompeta, trombón, trompa, tuba e violín.

No festival fin de curso do día 22 participarán alumnos de tódalas especialidades instrumentais que se imparten na escola de música, tanto de forma individual como en grupos instrumentais.

Ao inicio do acto, o alcalde do concello de Cee, fará entrega dun diploma a aqueles alumnos que rematan os catro cursos de ensinanza elemental en algunha das especialidades instrumentais que se imparten no centro.

Excursión

A Delegación de Presidencia, Benestar Social e emprego do Concello de Cee, organiza para o sábado 2 de xullo unha excursión a Comarca do Ribeiro. Visitarase: Lalin, Mosteiro de San Clodio, Bodega Viña Costeira e Ribadavia.
A saída será ás 8.00h. e o prezo é de 15€ (xantar incluido).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Escola de Música de Cee da man do seu director Fernando Fraga.

Comentarios